O rabiazul de flancos rubios (Tarsiger cyanurus) é un pequeno paseriforme que anteriormente estaba clasificado dentro da familia dos tordos (Turdidae), mais agora é xeralmente considerado parte da familia dos papamoscas (Muscicapidae).

Hábitat É un paxaro migratorio insectívoro que se reproduce en bosques de coníferas mixtas con sotobosque do norte de Asia e noroeste de Europa, desde Finlandia cara ao leste a través de Siberia ata Kamchatka e o sur do Xapón. Pasa o inverno no sueste asiático, no subcontinente indio, os Himalaias, Taiwán, e norte de Indochina. A área de reprodución está expandíndose lentamente cara ao oeste por Finlandia (onde agora se reproducen ata 500 parellas), e é un vagante raro pero cada vez menos infrecuente en Europa occidental, principalmente en Gran Bretaña, pero tamén chegou á Península Ibérica.British Birds Rarities Committee occurrences, 1950-2006Hudson, N. et al. (2009). Report on rare birds in Great Britain in 2008. British Birds 102: 572–573. Houbo tamén uns poucos rexistros en América do Norte, principalmente no oeste de Alasca así como un caso na illa de San Clemente na costa do sur de CaliforniaNational Geographic (1999). Field Guide to the Birds of North America 3rd ed. .eBird: Red-flanked Bluetail in California (Dec 2011) e un caso de invernada na costa de California central en Santa Cruz, en 2023.eBird:eBird Checklist S131890156 Outro exemplar foi visto en Nova Jersey en decembro de 2023.

Descrición

Ten 13–14 cm de longo e 10–18 g de peso, é similar en tamaño e peso ao rabirrubio de testa branca e lixeiramene máis pequeno (concretamente cun corpo máis delgado) que o paporrubio. Como indica o seu nome, ambos os sexos teñen unha cola e sobrecú azul, e flancos vermellos laranxas; tamén teñen unha gorxa branca e partes inferiores brancas agrisadas, e un bico negro pequeno e patas delgadas negras. O macho adulto ten ademais un dorso azul escuro, mentres que a femia e os inmaturos son marróns lisos polo dorso agás da cola e sobrecú, e teñen peitos escuros. En comportamento é similar ao rabirrubio de testa branca, e frecuentemente move a cola da mesma maneira, e voa regularmente de póla en póla para capturar insectos no aire ou no chan. O macho canta o seu trilo melancólico desde as copas das árbores. A súa chamada é un típico ruído de conversa "tacc". O niño constrúeno en ou preto do chan e nel pon 3–5 ovos que son chocados pola femia.Svensson, L., Mullarney, K., & Zetterström, D. (2009) Collins Bird Guide, ed. 2. , pages 260–1

Taxonomía e nomenclatura

O nome do xénero Tarsiger vén do grego antigo tarsos, 'pé plano' e do latín gerere, 'portar, levar'. O adxectivo específico cyanurus tamén deriva do grego, procedente das raíces kuanos, 'azul escuro' e oura, 'cola'.

No pasado este paxaro era xeralmente tratado como especie que contiña dúas subespecies, que eran T. c. cyanurus, que se reproducía no norte de Asia, e T. c. rufilatus, que se reproducía nos Himalaias, pero agora cada vez máis é tratado como monotípico, mentres que T. c. rufilatus foi separada como especie distinta co nome T. rufilatus.

A subespecie albocoeruleus, distribuída na parte central norte da China, foi descrita por Wilhelm Meise en 1937. Foi xeralmente considerado non válido, ata que foi recoñecido por Hadoram Shirihai e Lars Svensson en 2018, e agora foi proposta como especie de seu (T. albocoeruleus) nun estudo filoxenético publicado en 2022. É distintivo na súa xenética e vocalización, pero só marxinalmente diferente en morfoloxía. Os machos de albocoeruleus teñen unha sobrecella frontal máis azul, e menos cor branca que en cyanurus. 50px O texto foi copiado desta fonte, que está dispoñible baixo a licenza Creative Commons Attribution 4.0 International License.

Notas

Categoría:Muscicápidos Categoría:Aves de Rusia Categoría:Animais descritos en 1773