A Unión Deportiva Ribera é un club de fútbol do concello galego do Rosal. Foi fundado en 1950. Xoga os seus partidos coma local no campo da Mata. Na tempada 2025-26 compite na Primeira Futgal.
Historia A UD Ribera foi fundada en 1950. Ata o ano 1983 xogou os seus partidos coma local no Campo Municipal da Canosa. O 3 de xuño dese ano, inaugurouse o Campo Municipal da Mata, no que a partir dese momento sería o estadio local do equipo rosaleiro. Ese día disputouse un encontro amigábel entre o Celta de Vigo, capitaneado por Atilano; e un combinado e xogadores da UD Ribera e de outros clubs da contorna, capitaneado por Lliño.
Escudo e equipamento O escudo da UD Ribera consta dunha parte central coas letras "U.D. Ribera". Na parte inferior, sobre fondo verde atópase unha pelota amarela. Na parte superior, unha ponte branca e negra sobre unhas augas azuis.
A cor distintiva do club é o verde céspede, sendo habitualmente os uniformes compostos por camisola verde e pantalón e medias brancas.
Véxase tamén Outros artigos Ángel Arcos
Ribera Categoría:Deporte no Rosal