Benjamín Troitiño Beiro, nado en Cerdedo cara a 1899 e finado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937, foi un xornaleiro e sindicalista galego.

Traxectoria Xornaleiro veciño de Liñaio (Negreira), traballaba como canteiro na construción dun pantano no Tambre. Membro da Sociedad de Oficios y Profesiones Varias de Negreira e A Baña da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 30 de marzo xunto con Elena Suárez Suárez, Jesús Lens Patiño, Ramón Pose Suárez, Juan Barros Manteiga e outros veciños de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937 xunto con Juan Barros Manteiga, Jesús Lens Patiño, Ramón Pose Suárez, Manuel Fagín Páramos, José María Nieto Crego e Alfredo Paz Lemus.El Pueblo Gallego, 5-6-1937, p. 7. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.El Pueblo Gallego, 24-2-1940, p. 5.BOE, 1-3-1940, p. 1098.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937