O Club Sporting Guardés é un club de fútbol da Guarda. Foi fundado en 1967. Na tempada 2025-26 compite na Primeira Galicia, a sétima categoría futbolística e a segunda dependente da Federación Galega de Fútbol. Xoga os seus partidos de fútbol como local no estadio da Sangriña.

Estadio miniatura|Campo municipal da Sangriña. O Sporting Guardés xoga os seus partidos no Campo Municipal da Sangriña. Trátase dun estadio con bancadas cubertas e herba sintética. Sitúase no Paseo de Portugal, a poucos metros do Pavillón Municipal da Sangriña, onde xoga coma local o equipo de balonmán Atlético Guardés.

O Sporting Guardés, ademais, comparte estadio con outros tres equipos do concello: a Unión Guardesa e o Gimnástico Deportivo Miño, de fútbol, e o club de fútbol gaélico, o Gróvias FG.

Foi inaugurado en 1985, e ten unha capacidade duns 1000 espectadores. Previamente, o Sporting Guardés empregaba para os seus partidos como local o estadio da Tegra.

En 2025 realizouse unha mellora no estadio, onde se melloraron fundamentalmente as instalacións das oficinas, da cafetería, do portelo e dunha sala. Dita intervención tivo un custo de 118.512,99€ de orzamento, financiados polo Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Datos do club Tempadas en Terceira división: 2 Tempadas en Preferente Autonómica: 24 Tempadas en 1ª Rexional: 24 Tempadas en 2ª Rexional: 6 Palmarés

Segunda Galicia (1): 2023-24.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atlético Guardés

Guardés Categoría:Deporte na Guarda