Frixerido (en latín: Frigeridus) foi un xeneral romano de orixe xermánica de finais do século IV. Como dux (líder), ocupou o mando militar supremo da provincia panónica de Valeria (Dux Valeriae ripensis) baixo o emperador Valentiniano I (364-375).Notitia Dignitatum, IN PARTIBUS OCCIDENTIS, XXXIII Adóitase identificar co Frigeridus dux, que mencionou Amiano Marcelino no ano 377.Alföldi (2001), p. 320 (nota a pé de páxina)
Discusión miniatura|Selo de ladrillo de Frigeridus Dux. Theodor Mommsen xa asumira en 1873 que o Frigeridus dux mencionado no libro 31 da Historia Romana de Amiano debía corresponder á persoa coñecida polos selos de ladrillo de Valentiniano. Mommsen e estudosos posteriores aínda estaban seguros de que Frigeridus marchou á guerra na primavera do 377 co rango mencionado por Amiano como dux, aínda que, posteriormente, outros investigadores o puxeron como dubidoso.Wachte (2000), pp. 905-906
En 1997, un ladrillo de comezos do século V atopado no castelo de Iatrus, no norte de Bulgaria, no que aparecía a abreviatura Frig(eridus) du([x), volveu dar pulo a novas especulacións e debates. Hoxe séguese debatendo sobre a cronoloxía do ladrillo e se ten algo que ver coas batallas do 377. Malia todo, pódese confirmar cunha gran probabilidade a presenza dun Frigeridus dux na provincia de Moesia secunda,Wachte (2000), p. 911 polo que posiblemente pódese establecer un segundo cargo de dux para Frixerido despois do 373 noutra provincia.Wachte (2000), p. 912
A designación de rango tardía de Frigeridus, vir perfectissimus, consérvase nalgúns selos de ladrillo coa abreviatura VP, como os que se atopan no peirao de Szigetmonostor-Horány, en Hungría, que semella unha cabeza de ponte. A denominación de perfectissimus non denotaba a calidade dunha persoa, senón o seu rango dentro dunha xerarquía. Desde Constantino o Grande (306–337), o título perfectissimus utilizouse para os titulares de cargos cabaleirescos inferiores.Martin (2001), p. 73 Durante o período do mandato de Frixerido, que foi repetidamente discutido entre os estudosos no pasado, o selo VP tiña certa importancia, xa que baixo Valentiniano I os duces recibiron o rango de clarissimate. Polo tanto, Maria R.-Alföldi suxeriu un período de transición e argumentou que non foi ata o ano 386 que todos os duces foron designados como viri clarissimi.
Traxectoria Durante o reinado de Valentiniano I, Frixerido foi nomeado comandante militar de Panonia (dux Pannoniae).
Guerra gótica (376-382) Tras a batalla de Marcianópolis no inverno de 376-377, recibiu ordes do emperador Graciano, xunto co comes dos Protectores domestici, Ricomero, de liderar as súas forzas panonianas cara a Tracia para repeler os godos. Ao chegar o primeiro a Tracia a finais do verán de 377, Frixerido, uniuse ás tropas do Imperio Romano de Oriente, comandadas polos xenerais Traxano e Profuturo.Burns (1995), p. 27 Mais como se atopou incapacitado por un ataque de gota, non comandou as súas propias tropas na batalla de Ad Salices a principios de setembro, polo que foi acusado de covardía.Richardot (2005), p. 305
Poco despois, Ricomero, retornou á Galia para facer acopio de máis forzas pero deixou a Frixerido fortificando a denominada "porta de Traxano"Hughes (2013), p. 262 e manter divididos os godos en dous grupos ao norte e ao sur.Burns (1995), p. 28
Tras a derrota romana en Dibaltum, os godos de Fritixerno e os taifalos baixo o mando de Farnobio planearon atacar a posición fortificada de Frixerido en Beroia. Ao decatarse dos plans inimigos, Frixerido retirouse a Iliria, antes de regresar e derrotar as forzas de Farnobio, matándoo durante a batalla de Beroia.Harmoy-Durofil (2015), p. 316Hughes (2013), p. 171 Durante a batalla, usou a formación en cunei para as súas lexións.Sylvain (2004), p. 1004 Derrotou, de novo, aos taifalos no ano 380.Demougeot (1984), p. 138 Os superviventes asentáronse en Italia, ás beiras do Po.Amiano Marcelino, XXI, IXSotinel (2019), pp. 401-411
Valoración Amiano Marcelino considerábao un líder militar hábil, mais, seguramente, por mor da súa mala saúde, Graciano substituíu a Frixerido por un xeneral chamado Mauro, a quen Amiano consideraba venal e pouco fiable.Woods (1998), p. 325-336
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outro artigos
Guerras góticas (377-382) Batalla de Ad Salices
Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados no século IV Categoría:Imperio Romano