A 4ª edición da competición ciclista O Gran Camiño foi unha carreira de ciclismo en ruta por etapas que se celebrou entre o 26 de febreiro e o 2 de marzo de 2025 en Galicia con inicio na cidade portuguesa de Maia e final na cidade de Santiago de Compostela, cunha distancia total de 635,37 km.
A carreira formou parte da UCI Europe Tour 2025, calendario ciclístico dos Circuítos Continentais UCI, dentro da categoría 2.1. O vencedor foi o canadense Derek Gee do Israel-Premier Tech, quen estivo acompañado no podio polo italiano Davide Piganzoli do Polti VisitMalta e o dinamarqués Magnus Cort do Uno-X Mobility, segundo e terceiro clasificado respectivamente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Volta ciclista a Galicia
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:2025 en Galicia Categoría:Ciclismo en 2025 Categoría:O Gran Camiño