O flamengo pequeno (Phoeniconaias minor, antes Phoenicopterus minor) é unha especie de flamengo que vive na África subsahariana e no oeste da India. Hai algúns informes de exemplares vistos máis ao norte, pero estes considéranse xeralmente como aves errantes. O flamengo pequeno pode ser a especie máis común de flamengo, cunha poboación que (no seu pico) probablemente chegou aos dous millóns de individuos.
Características miniatura|esquerda|225px|Primeiro plano da cabeza dun flamengo pequeno en Marievale, Suráfrica.
O flamengo pequeno é a especie de menor tamaño de flamengo, aínda que non deixa de ser unha ave grande. A especie pode pesar de 1,2 a 2,7 kg. A súa altura de pé é de 80 a 90 cm. A lonxitude total (do bico á cola) e a envergadura están ambas entre 90 e 105 cm. A maior parte da súa plumaxe é rosada. A diferenza máis clara entre esta especie e o flamengo rosado (a única outra especie do Vello Mundo de flamengos) é a maior extensión de cor negra no bico. O tamaño é menos útil para distinguirmos as dúas especies, a non ser que se encontren xuntas, xa que os sexos de ambas as especies tamén difiren en altura.
A especie extinta Phoeniconaias proeses do mesmo xénero, do Plioceno de Australia, pénsase que era aínda máis pequena.
Alimentación Esta especie aliméntase principalmente de certas algas Spirulina, que só crecen en lagos moi alcalinos. A presenza de grupos de flamengos preto dos corpos de auga é unha indicación de que a auga é alcalina sódica non axeitada para regar. Aínda que estas algas son de cor verde-azulado, conteñen os pigmentos fotosintéticos que lle dan ás aves que as comen a súa cor rosada. O seu gran bico está especialmente adaptado para a filtración de alimento de moi pequeno tamaño. Outras formas de algas que comen son Synechocystis minuscula, Synechococcus pevalekii, Synechococcus elongatus, Monoraphidium minutum, Oscillatoria sp. e Lyngbya sp. Tamén se alimentan en menor medida de pequenos invertebrados: copépodos (Paradiaptomus africanus) e rotíferos (Brachionus), así como de diatomeas (Navicula) e de cianobacterias alcalífilas microscópicas (Arthrospira fusiformis, A. maxima).
Predadores Os flamengos pequenos son as presas de varias especies, como os marabús, os voitres, os babuínos, a aguia pescadora africana Icthyophaga vocifer, chacaiss, hienas, raposos, pelicanos brancos grandes, a aguia marcial Polemaetus bellicosus, e grandes felinos.DiBuono, L. 2017. "Phoeniconaias minor" (On-line), Animal Diversity Web. Consultado p 05 de marzo de 2021 en https://animaldiversity.org/accounts/Phoeniconaias_minor/
Reprodución miniatura|esquerda|Ovos. En África, onde son máis comúns, reprodúcense principalmente no lago moi cáustico Natrón no norte do distrito de Ngorongoro na rexión de Arusha de Tanzania. Outros sitios de reprodución en África son a cunca de Etosha, salares de Makgadikgadi e o encoro Kamfers. Ademais, a última estación reprodutora en que se confirmou a súa presenza en Aftout es Saheli na costa de Mauritania foi a de 1965. Reproducíronse tamén no lago Magadi en Kenya en 1962 cando o lago Natron non estaba en condicións axeitadas debido a inundacións. A inicios do século XX, tamén se observou reprodución no lago Nakuru.
A especie tamén se reproduce no suroeste e sur de Asia. En 1974, fixérono no Rann de Kutch, pero desde entón, só nos salares de Zinzuwadia e Purabcheria do noroeste da India. Prodúcese algún movemento de exemplares entre África e India.
Como todos os flamengos, poñen un só ovo de cor branco nun montículo que constrúen con lama. Os pitos xúntanse en garderías pouco despois de faceren eclosión, ás veces de ata 100.000 individuos. As garderías son vixiadas por uns poucos adultos que os levan andando á auga doce, unha viaxe que pode cubrir 32 km.
Ameazas miniatura|150px|Adulto cun inmaturo pedindo comida, India
Malia ser a especie máis común de flamengo, clasifícase como case ameazado debido ao declive que está experimentando a súa poboación e os poucos sitios de reprodución que utiliza, algúns dos cales están ameazados polas actividades humanas.
A poboación nos dous lagos de África oriental claves, o lago Nakuru e o lago Bogoria, foi afectada negativamente nos últimos anos polo que se sospeita foi un envelenamento por metais pesados, mentres que o seu principal lugar de reprodución en África no lago Natrón está actualmente ameazado por unha posible planta de sosa que propuxo construír Tata Chemicals. O único sitio de reprodución en Suráfrica, situado no encoro Kamfers, está ameazado pola polución e desenvolvemento invasivo. A produtividade dos lagos de sosa de África oriental diminúe debido ao aumento do nivel das augas, o que supón outra ameaza para este flamengo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Flamingo Resource Centre - unha recompilación de recursos e información relacionada cos flamengos ARKive - Imaxes e vídeos do flamengo pequeno Flamengo pequeno - Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds. Save the Flamingo - Un sitio web dedicado á conservación da colonia reprodutora en Suráfrica
Categoría:Fenicopteriformes Categoría:Animais descritos en 1798 Categoría:Aves de África Categoría:Aves de Asia