La Lucha foi un periódico editado en Ferrol en 1920.
Historia e características Subtitulado Portavoz de los Sindicatos Obreros de la Región, apareceu en outubro de 1920. Semanario de tendencia anarcosindicalista. Entre os seus colaboradores figuraron “Suárez de la Escosura”, “Garín de Tudela”, Manuel Ureña Romero e A. Alonso Vital. O número 4 publicouse de 20 de novembro de 1920.
O seu labor de portavoz dos sindicatos anarcosindicalistas sería continuado por La Protesta.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1920 en Galicia Categoría:Prensa anarquista de Galicia