Zahn Tokiya-ku McClarnon, nado en Denver o 24 de outubro de 1966, é un actor nativo americano (hunkpapa lakota) máis coñecido polo seu traballo en producións de televisión. Saltou á fama por primeira vez con papeis secundarios clave como o xefe da policía tribal Mathias en Longmire (2012–17), Hanzee Dent na segunda tempada de Fargo (2015), Toshaway en The Son (2017–19), e Akecheta na segunda tempada de Westworld (2018). Dende 2022, interpreta o papel principal como Joe Leaphorn en Dark Winds, na cal é produtor executivo.
Outros papeis salientables de McClarnon son William Lopez nas series de Marvel Hawkeye (2021) e Echo (2024), o oficial Big en Reservation Dogs (2021–23), e a voz de Olrox en Castlevania: Nocturne (2023–presente).
Traxectoria Zahn Tokiya-ku McClarnon naceu en Denver, Colorado, fillo de nai hunkpapa kakota e pai de ascendencia irlandesa. Medrou preto de Browning, Montana, onde o seu pai traballaba no Parque Nacional Glacier para o Servizo Nacional de Parques. Visitaba a miúdo a reserva india de Blackfeet, onde crecera a súa nai, e a miúdo quedaba cos seus avós maternos os fins de semana e para visitas máis longas. A súa nai vivía na reserva india de Rosebud en Dacota do Sur. Cando o seu pai foi trasladado a Omaha, Nebraska, por traballo, a familia viviu nos barrios de Joslyn Castle e Dundee. McClarnon has a brother.
McClarnon tamén medou en Nebraska, Dacota do Norte, Dacota do Sur, Minnesota, Wyoming, Ohio e Montana, e afirmou que a súa infancia foi "dura".
En 1985, McClarnon graduouse na Omaha Central High School. Recoñeceu á súa profesora de teatro, Peggy Stommes, como unha grande influencia.
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Denver, Colorado Categoría:Pobo lakota Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores nativos americanos