A gaivota de Bering (Larus glaucescens) é unha gaivota grande de cabeza branca. O nome do xénero vén do latín Larus, palabra que parece se refire a unha gaivota ou outra ave mariña. O termo específico glaucescens é unha palabra neolatina para "glauco", do grego antigo, glaukos, referido á cor gris das súas ás.
Distribución e duración da vida É raro atopala lonxe do océano. É ave residente nas costas occidentais de Alasca e cara ao sur ata as costas do estado de Washington, incluíndo a rexión do Puget Sound. Tamén se reproduce na costa noroeste de Alasca no verán e no oriente distante de Rusia. Durante o inverno, pode encontrarse ao longo das costas de California, Oregón, Baixa California, Baixa California Sur, e Sonora. Pénsase que estas gaivotas viven uns 15 anos, pero algunhas viven máis; unha ave en Columbia Británica, por exemplo, viviu 21 anos, mentres que outra no estado de Washington viviu polo menos 22 anos e 9 meses. A maior lonxevidade rexistrada foi de 37 anos no caso dun exemplar anelado cando era un polo na Columbia Británica.
É unha ave vagante excepcionalmente rara no Paleártico occidental, con rexistros en Marrocos, as illas Canarias e . tamén se rexistrou en Gran Bretaña nos invernos de 2006/2007 e 2008/2009 e máis recentemente en Irlanda en 2016.
Descrición miniatura|Individuo xove de gaivota de Bering cun cangrexo no bico. É unha ave grande, cun tamaño e forma parecidas aos da especie relacionada L. occidentalis. Mide 50-68 cm de lonxitude e 120-150 cm de envergadura, cunha masa corporal de 730-1690 g.All About Birds (2011).CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), .Gulls: Of North America, Europe, and Asia by Klaus Malling Olsen & Hans Larsson. Princeton University Press (2004). . Pesa uns 1.010 g como media. Entre as medidas estándar temos: corda alar de 39,2 a 48 cm, bico de 4,6 a 6,4 cm e tarso de 5,8 a 7,8 cm. miniatura|Polo acabado de eclosionar e ovo nun niño na illa St. Lazaria, Alasca. Ten cabeza, pescozo, barriga e cola brancos. As ás e dorso gris prateados forman o manto, que é máis escuro que o do gaivotón hiperbóreo e máis claro que a gaivota arxéntea americana e a gaivota occidental. As plumas de voo das ás son grises, usualmente do mesmo ton que o manto. As patas son rosas e o bico é amarelo cun punto vermello subterminal (o punto preto da punta do bico que os polos pican para estimularen que os pais regurxiten). Os iris son escuros e rodeados por unha pel orbital rosa. A fronte é máis ben plana. Durante o inverno, a cabeza e caluga é máis escura cun variado padrón manchado ou de pintas, e a cor do bico faise máis apagado, a miúdo con marcas escuras preto da punta. As aves novas son marróns ou grises con bicos negros e tardan catro anos en adquiriren a plumaxe adulta.
Comportamento Nidifica no verán, e cada parella produce dous ou tres polos que empluman ás seis semanas.
Aliméntase ao longo da costa, buscando animais mortos ou débiles, peixes, mexillóns e restos descartados. En áreas urbanas ten tendencia a aceptar comida de persoas e abrir bolsas de lixo non protexidas buscando algo que comer.
A súa chamada é un son grave tipo "kak-kak-kak" ou "wow", ou un xemido máis agudo.
Hibridación esquerda|miniatura|Híbrido gaivota de Bering x gaivota occidental. Nótese as puntas das ás grises escuras e o gran bico. A gaivota de Bering hibrídase frecuentemente con Larus occidentalis (gaivota occidental) onde as súas áreas de distribución se solapan nos estados de Washington e Oregón. Na área de Puget Sound os híbridos poden superar en número as aves puras e poden volver cruzarse con calquera das especies parentais, o que causa problemas de identificación. Este híbrido, chamado na zona "gaivota olímpica", atópase ao longo da costa do Pacífico desde a Columbia Británica ata o sur de California. Os híbridos son variables e teñen características de cada unha das especies parentais. A miúdo semellan gaivotas de Bering, mais teñen os extremos das ás dun gris máis escuro que contrasta fortemente co seu manto, e poden ter un bico máis pesado máis típico das gaivotas occidentais. Os híbridos tamén tenden a presentar marcas escuras na cabeza na plumaxe non-reprodutora, comparadas coa cabeza branca virtualmente sen manchas das L. occidentalis puras.
A prevalencia destes híbridos é un exemplo de superioridade do híbrido delimitada, na cal a selección natural favorece os híbridos en áreas de hábitats intermedios. Un estudo encontrou que as femias emparelladas con machos híbridos teñen un maior éxito reprodutivo que as parellas da mesma especie. Na parte central da zona híbrida, o tamaño de posta era maior entre parellas con machos híbridos, moitos dos cales establecéranse territorios de reprodución con maior cuberta vexetal que os machos puros de L. occidentalis, os cales preferían hábitats areentos, o que resultaba nunha maior predación. Na sección norte da zona híbrida, non había diferenza en tamaño de posta, pero o éxito reprodutivo é maior debido a que os híbridos eran máis similares a L. occidentalis no comportamento de busca de alimento, alimentándose máis de peixes que a gaivota de Bering. Observáronse poucas evidencias de apareamento selectivo, agás o débil apareamento selectivo entre os híbridos en ausencia de parellas de especies mixtas.
Esta especie tamén hibrida regularmente coa gaivota arxéntea americana no sur de Alasca, e denomínase ás veces alí "gaivota da enseada de Cook". Esta combinación híbrida pode atoparse ao longo da costa do Pacífico desde Alasca ata o sur de California, e son moi variables, lembrando ás veces a Larus thayeri, pero cun bico máis grande e un debuxo das ás inconsistente. Teñen ollos máis claros e primarias máis escuras que a gaivota de Bering e hai diferenzas no debuxo da cabeza en inverno (a gaivota arxéntea americana ten un píleo máis manchado en inverno).
Os híbridos co gaivotón hiperbóreo son comúns no oeste de Alasca, onde ata o 50 % das aves na península de Seward son híbridas, e tamén os raros visitantes que chegan máis polo sur ata o Xapón e California. Os híbridos con Larus schistisagus son pouco comúns, pero reprodúcense na costa leste da península de Kamchatka e as illas do Comandante, chegando pol o sur ata o Xapón en inverno.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía King, Jon (2007) Identification of Glaucous-winged Gull: a photo-gallery. Birding World 20(2):64-72
Ligazóns externas
Cambio detallado de plumaxe ano a ano da gaivota de Bering Gaivota de Berig en Animal Diversity Web
Categoría:Láridos Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1840 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Naumann