Dexipo de Cos (grego: Δέξιππος, latín Dexippus)Ou, se cadra, Dioxipo. foi un médico grego da illa de Cos, discípulo de Hipócrates, que viviu no século -IV. Aparece mencionado en Galeno, Plutarco e Aulo Xelio. Traxectoria Hecátompo, sátrapa ou príncipe de Caria, chamouno para curar os seus fillos Mausolo e Pixodaro dunha grave enfermidade, e el aceptou coa condición de que Caria deixase de facerlle a guerra a Cos, segundo a Suídas.
Escribiu algúns libros de medicina que non se conservan pero cuxos títulos se coñecen. Erasístrato critícao por ser demasiado severo á hora de restrinxir a cantidade de bebida permitida aos pacientesDexippus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 996.. Notas
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades de Cos na Antigüidade Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -IV Categoría:Médicos Categoría:Finados no século -IV