Andrés Nogueira Fos foi un sacerdote e agrarista galego.
Traxectoria
Cura párroco de Verea. Agrarista, colaborou con Acción Gallega. Foi un dos organizadores do mitin de Bande do 26 de xaneiro de 1913 no que interviu Basilio Álvarez, e participou no mitin de Lobios do 12 de outubro dese ano con Basilio Álvarez, Perfecto Estévez, Francisco A. Pena, Luciano Meleiro Tejada e Antonio R. Velero.El Centinela, 15-10-1913, p. 3. En outubro de 1914 xunto con Eligio M. Álvarez solicitaron autorización ao gobernador civil de Ourense para continuar publicando El Heraldo Gallego baixo a dirección de Domingo Lázaro Cardenal.La voz de la verdad, 30-10-1914, p. 4. Foi obxecto dun atentado político o 1 de febreiro de 1915.La Región, 2-2-1915.El Progreso, 4-2-1915, p. 3. Volveron atentar contra a súa vida en 1916. Como presunto autor do atentado foi xulgado en Ourense por asasinato frustrado Constantino Iglesias Feijóo.Galicia, 10-2-1917, p. 17-18. Instalou unha fábrica de fariña en Verea. A fábrica sufriu un atentado con dinamita o 11 de maio de 1925.El Regional, 16-5-1925, p. 2. Asistiu ao banquete na honra de Xerardo Abad Conde celebrado en Ourense antes do mitin do 18 de xuño de 1931, xunto con Basilio Álvarez.Faro de Vigo, 19-6-1931La Región, 19-6-1931.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido