Bouba Pandeireteiras é un grupo de música galega integrado por mulleres que se adica á recuperación e difusión da música tradicional galega, en especial á das pandeireteiras.
A súa proposta pretende dar voz as cancións que tradicionalmente cantaban as mulleres en Galicia, mostrando como a música pode ser unha ferramenta de transición e resistencia cultural e social.
Historia e orixe
Xorde na comarca de Ordes, en concreto no municipio de Tordoia e está formado por 3 mulleres, principalmente, da aldea da Pontraga, Maria da Pontragha, Carme da Pontragha e Maca do Piñeiro que se uniron para recuperar as cancións e cantigas propias da súa zona. A vinculación e a importancia do grupo coa sociedade galega e, en especial a das súas propias aldeas é evidente, así o nome do grupo, Bouba, fai referencia a unha palabra empregada na zona para se referir ao substantivo do verbo presumir, de querer dar boa imaxe, ou de ir moi arreglado; era unha palabra que se usaba para referirse á xente que era moi presumida cando ía á festa con intención de mocear "tes ti moita bouba hoxe". Sumándose a evidente importancia elas mesmas falan do impacto da súa contorno a hora de crear o seu proxecto xa que, segundo explicou Maca, integrante do grupo, o noso proxecto non tería sentido de non estar asentado no rural e de non ter nacido na Pontraga.
Música e repertorio O seu repertorio e tradicional, mesturando elas numerosos tipos de composicións que se enmarquen nesta categoría, como muiñeiras, xotas, pasodobres ou rumbas, adaptáandoas sempre ao seu estilo. Os instrumentos presentes na súas pezas son a voz e elementos de percusión, podendo ser pandeiretas, pandeiras, pandeiros... As pezas que elas interpretan non son orixinais, senón que son tradicionais galegas, en especial de localidades como A Pontragra, Sequeiros, Cambre, Sofán, Xende... Para as Bouba non hai nada máis actual que a música tradicional, pois consideran que segue a reflectir problemáticas sociais e emocións que aínda están presentes na sociedade co que, aínda que se filtran certas cuestións que non van da man coa ideoloxía actual, o que seguen a facer é música tradicional.
Discografía Bouba Pandereteiras publicaron os seguintes proxectos:
Vinculeiras (2017): Primeiro álbum do grupo, no que se recollen pezas tradicionais de diversas localidades galegas. Gravado, mesturado e masterizado por Pablo Barreiro no Estudio 5 da Radio Galega. Termando dos Marcos (2024): Segundo traballo discográfico, no que o grupo profundiza na súa proposta musical, con pezas como "Os tolos de Lesta", "Fomos ficando soas" e "O carballo do picho". Lévedo (2017): Proxecto colaborativo co grupo A Máquina de Mallar, no que se mesturan a música tradicional galega e o rock progresivo. O resultado é un son orixinal e vivo que combina as melodías tradicionais coa psicodelia do rock
Presenza na sociedade
Bouba pandereteira destaca polo que elas mesmas chaman como "minifundio artístico", que pretende crear música dun xeito próximo e para o pobo, fuxindo así da gran esfera dos medios de comunicación e comercial.
Elas están fortemente implicadas na preservación e difusión da música galega sobre todo en espazos do rural, levando a música por aldeas e vilas e reflectindo así o seu compromiso con toda a sociedade galega. Porén, ao mesmo tempo, coa intención de gañar visibilidade teñen unha forte presenza nas redes sociais subindo numerosos vídeos tanto explicando a súa historia como a modo de videoclips orixinais e personalizados.
Outro dos valores que cimenta o seu proxecto é o feminismo, sendo o fío transversal que estrutura ás Bouba. Elas consideran que para tratar o tema do feminismo non só hai que loitar e combater, senón que tamén hai que facelo dende unha proximidade, tratando as cuestións achegadas a elas mesmas, neste caso por exemplo, inspirandose nas mulleres da súa contorna, nas pandereiteiras, cantadoras...
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web https://bouba.gal/ https://musicaengalego.blogspot.com/2017/01/bouba.html https://boubapandeireteiras.bandcamp.com/ https://www.galizalivre.com/2020/05/21/entrevista-a-bouba-pandereteiras/ Canle de YouTube
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos galegos de música tradicional