O Concurso Balbino de relatos é un certame literiario galego convocado por Edicións Fervenza e outras institucións.
Historia En 2016, collendo o nome do protagonista da novela Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas naceu este premio para promover a literatura galega e as persoas que escriben en galego.
Foi promovido por Edicións Fervenza e a empresa Técnicas & Gramaxe, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Consellería de Cultura, a Deputación de Pontevedra e os Concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.
Poden participar persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten os seus traballos escritos en lingua galega e que teñan como motivación temática o rural, o mar e a emigración. O premio é de 1500 €.
Autores e obras premiados
2016 (I): Xian Lois Alcayde Dans, por Camiños na sombra. 2017 (II): Ricardo Cid Paz, por De que falarán as árbores. 2018 (III): Ricardo Ferreiro Almeda, por Máis alá do río do esquecemento. 2019 (IV): Pablo Nogueira, por B.S.O. Banda Sonora Orixinal. 2020 (V): Pepe Peinó, por Bica de Montouto. 2021 (VI): Xosé Alfredo Naz Fernández, por Gumes entre a néboa. 2022 (VII): Carlos Neira Suárez, por A comuna de Valdonelle. 2023 (VIII): Clara Martín, por Loucine. 2024 (IX): Juanjo Lamela, por O meigallo dos soños. 2025 (X): Lionel Rexes, por As donas da noite. 2026 (XI): Francisco Javier Vázquez Losada, por A luz de quedar.
Notas
Categoría:Premios de Galicia Categoría:Premios e certames literarios de Galicia de narrativa