Hugh de Lincoln (en inglés: Hugh of Lincoln), nado en 1246 e falecido o 27 de agosto de 1255, foi un neno inglés cuxa morte en Lincoln, Inglaterra, foi falsamente atribuída a xudeus. Tamén é coñecido como o Little Saint Hugh (en galego, Santo Hugo Pequeno) ou o Little Sir Hugh (en galego, Pequeno Señor Hugo), para distinguilo do santo adulto, Hugo de Lincoln (morto en 1200). O pequeno Hugh non foi formalmente canonizado, polo que "Little Saint Hugh" sería unha denominación incorrecta.

Hugh é un dos máis coñecidos "santos" do libelo de sangue: xeralmente nenos cristiáns cuxas mortes foron interpretadas como sacrificios humanos xudeus. Algúns historiadores cren que as autoridades relixiosas de Lincoln orquestraron os acontecementos para estabelecer un fluxo rendíbel de peregrinos á capela dun mártir e santo.

A morte de Hugh é relevante porque era a primeira vez que a Coroa de Inglaterra daba credibilidade a acusacións de asasinatos infantís rituais, a través da intervención directa do rei Henrique III. Posteriormente contaría co respaldo do relato dos feitos de Mateu de París e o apoio para o culto de Eduardo I após a orde de expulsión dos xudeus de Inglaterra; especialmente a súa mostra de poder coa renovación do sepulcro no estilo das cruces de Lionor.

Como resultado, ao contrario que noutros libelos de sangue ingleses, a historia entrou no rexistro histórico, na literatura medieval e en baladas que chegaron vivas ata o século XX.

Contexto As acusacións de asasinatos rituais de nenos fixéranse cada vez máis comúns coa circulación de A Vida e Milagres de San Guillerme de Norwich (en latín Vita et Passione Sancti Willelmi Martyris Norwicensis), de Thomas de Monmouth, o haxiógrafo de William de Norwich, un neno santo que se dicía que fora crucificado por xudeus en 1144. Outras acusacións viñeron despois, como as de Harold de Gloucester (1168) e Robert de Bury (1181). A historia de William e outros rumores semellantes influíron no mito que se desenvolveu ao redor de Hugh. As acusacións poderían ter sido promovidas por membros da igrexa co obxectivo de estabelecer cultos locais para atraer peregrinos e doazóns.

Durante os anos seguintes até a acusación, o rei Henrique III aumentou fortemente os impostos aos xudeus ingleses. Isto á súa vez obrigou aos prestamistas xudeus a asegurarse de que as súas débedas foron pagadas, sen flexibilidade, ou a vender os seus títulos de débeda a cristiáns. Os familiares do Rei e en particular os cortesáns comprarían títulos de débeda coa intención de quedar coas propiedades dos debedores como garantía. Estas políticas do rei Henrique provocarían máis tarde a Segunda guerra dos Baróns.

As restricións da Igrexa contra os xudeus tamén aumentaron neste período. O Vaticano fixo unha declaración na que pedía que os xudeus viviran separados dos cristiáns, que os cristiáns non foran traballar para os xudeus, especialmente nas súas casas, e que os xudeus debían levar insignias amarelas para identificalos. En concreto, as declaracións da Igrexa levaron a moitas cidades inglesas a expulsar ás comunidades xudías. Henrique III codificou a maioría das exixencias da Igrexa e fíxoas lei obrigatoria no seu Estatuto dos Xudeus de 1253.

No tempo das acusacións do asasinato de Hugh de Lincoln, Henrique III vendera o seu dereito a recadar os impostos dos xudeus ingleses ao seu irmán, Ricardo, Conde de Cornualla. O Rei decretou que se calquera xudeu era condenado por un delito, o seu diñeiro e propiedades serían confiscadas pola Coroa.

Un grupo de xudeus chegado de todas as partes de Inglaterra xuntáranse en Lincoln para celebrar un casamento na data da morte do neno.

A acusación e o mito alt=Debuxo a man alzada sen moito detalle de unha estatua que representa a unha persoa sen cabeza cunha túnica que lle cubre as costas, o brazo dereito e as súas partes íntimas. A estatua está de pé coa man dereita alzada e a esquerda amosando unha ferida no ventre. Ten as marcas da crucifixión nas mans e nos pés.|esquerda|miniatura|Debuxo dunha estatua de Santo Hugo do século XIII na Catedral de Lincoln, obra do anticuario do século XIII Smart Lethieullier. Esta estatua estaba situada na cabeceira do santuario do Santo Hugo Pequeno. Hugh, un cativo de 9 anos, desaparecera o 31 de xullo e o seu corpo fora descuberto nun pozo o 29 de agosto. Dicíase que os xudeus encarceraran a Hugo e que durante ese tempo torturárano e finalmente crucificárano. Tamén que tiraran o corpo ao pozo despois de intentalo enterrar sen éxito, porque a terra o botara para fóra.

O cronista Mateu de París describiu o suposto asasinato, implicando a todos os xudeus de Inglaterra:Este ano arredor da festa dos apóstolos Pedro e Pablo [27 de xullo], os xudeus de Lincoln roubaron un mozo chamado Hugh, que tiña arredor de oito anos. Despois de pechalo nun cuarto secreto, onde lle deron de comer leite e outras comidas infantís, enviaron mensaxes a case todas as cidades de Inglaterra nas que había xudeus, e convocaron a algúns da súa seita de cada cidade para estar presentes nun sacrificio que ía ter lugar en Lincoln, para contumelia e insulto a Xesucristo. Para o que, como dixeron, tiñan un rapaz agochado co propósito de ser crucificado; así que un grupo grande deles reuniuse en Lincoln, e entón nomearon un xudeu de Lincoln xuíz, para facer de Pilatos, pola sentenza do cal, e coa concorrencia de todos, o mozo foi sometido a varias torturas. Azoutárono ata que correu o sangue, tocárono cunha coroa de espiños, ríronse del e cuspíronlle enriba; ademais, cada un deles espetoulle cun coitelo, e fixéronlle beber fel, e mofáronse del con insultos blasfemos, sen deixar de renxer os dentes e chamándolle Xesús, o falso profeta. E despois de atormentalo de formas diversas crucificárono, e atravesáronlle o corazón cunha lanza. Cando o mozo estaba morto, baixaron o corpo da cruz, e por algunha razón destripárono; disque para o propósito das súas artes máxicas.Se ben o relato de París é importante por ser a versión máis famosa e influente do mito, debido á súa popularidade como cronista e ao talento como contador, crese tamén que é o menos fiábel e o que máis inventa das testemuñas contemporáneas sobre o que presuntamente sucedeu. Outros relatos contemporáneos inclúen os Anais de Waverley e os da Abadía de Burton.

O papel do Bispo Supostamente un xudeu chamado Copin confesou o asasinato. Ademais, ofrecéuselle un acordo polo que non sería sentenciado en troques dunha confesión, de acordo coas fontes da época. Copin podería ter sido interrogado baixo tortura por John Lexington, irmán de Henry, o novo Bispo de Lincoln, e criado do Rei., and Isto levou aos historiadores modernos a concluír que probabelmente houbera unha confabulación clerical para dar credibilidade á acusación, coa finalidade de beneficiarse dun culto novo con peregrinos e as súas ofrendas.; ;

Intervención do rei Varios feitos aumentaron o impacto deste acontecemento. Henrique III chegou a Lincoln arredor dun mes após o arresto e a confesión. Ordenou que Copin fose executado, e tamén que noventa xudeus fosen arrestados ao chou en conexión coa desaparición e a morte de Hugo e retidos na Torre de Londres. Foron acusados de asasinato ritual. Dezaoito dos xudeus foron colgados por rexeitar participar no proceso, afirmando que era un xuízo falso e que se negaban a pedir clemencia a un xurado cristián. Gavin I. Langmuir di:

O que diferenciou o caso de Lincoln doutras acusacións de asasinato ritual foi que o rei interesouse persoalmente e que mandou executar inmediatamente a un xudeu e máis tarde a outros dezaoito de forma espectacular. Aquela verificación real da autenticidade da acusación probabelmente fose decisiva para a fama de Hugo, o que ensombreceu a de William de Norwich, Harold de Gloucester, Robert de Bury St. Edmunds e o pobre neno anónimo de St. Paul's.

Garcias Martini, cabaleiro de Toledo, intercedeu para a liberación de Benedict, fillo de Moses de Londres, probabelmente o pai de Belaset, cuxo casamento estábase a celebrar. En xaneiro, outro xudeu cristián, John, foi perdoado, pola intercesión dun frade dominico. O 3 de febreiro tivo lugar un xuízo en Westminster para os restantes 71 prisioneiros. Foron condenados a morte por un xurado de 48 persoas. Despois deste punto, tanto os dominicos como os franciscanos intercederon, xunto con Ricardo de Cornualla. En maio, os prisioneiros foron liberados. Pode que se estivera estendendo unha dúbida sobre a culpabilidade, porque é improbábel que os monxes ou Ricardo intercederan sen pensar que o cargo era falso, dado a severidade do mesmo.; ver tamén

A dificultade reside en establecer porqué o rei Henrique e o seu vasalo John de Lexington creron as acusacións en primeiro lugar. Para Lexington, as motivacións poden ser as súas conexións persoais cos clérigos de Lincoln, incluíndo o seu irmán o Bispo, quen se mantivo para beneficiarse da veneración do 'mártir' Hugh. Pode que crera, ou que quixera crer, o que ouviu. Aínda que a última palabra era do Rei, Langmuir cre que foi feble e facilmente manipulado por Lexington. Langmuir di que Henrique III ten sido descrito como "unha persoa desconfiada que lanzaba acusacións de traizón de forma temeraria, [que] era crédulo e pobre en xuízo, e a miúdo aparecía como unha crianza petulante. Cando a estas cualidades lle engadimos a súa adicción a ir de viaxe polos santuarios de Inglaterra, é máis sinxelo entender por que actuou como o fixo, tanto cando ouviu a confesión de Copin como cando os frades e xente máis calmada interviñeron máis tarde." Langmuir, polo tanto, conclúe que Lexington "incitou ao feble e crédulo Henrique III para dar á fantasía de asasinato ritual a bendición da autoridade real". Jacobs, doutra banda, ve os beneficios financeiros que Henry recibiu como factor importante, consciente ou inconsciente, na súa decisión para arrestar en masa e executar xudeus. Como xa se dixo máis arriba, hipotecara os seus ingresos dos xudeus a Ricardo de Cornualla, mais aínda tiña o dereito a quedar coas propiedades dos xudeus executados, engadindo que Henrique, "como a maioría dos príncipes febles, era cruel cos xudeus".

Culto

Despois de que a noticia da súa morte se espallara, atribuíronselle a Hugh varias milagres; e converteuse nun dos candidatos individuais á santidade máis novos, sendo o 27 de xullo o día da súa festa non oficial. Moitos "santos" locais do período medieval non foron canonizados, mais eran chamados santos e venerados nas súas localidades. O 'Little Saint Hugh' foi por un tempo aclamado como santo pola xente do lugar, mais nunca oficialmente recoñecido como tal. Pasado o tempo, a urxencia pola súa santidade pasou e Hugh nunca foi canonizado nin apareceu no calendario católico oficial de santos. O Vaticano nunca incluíu o neno Hugh no martiroloxio e a súa festa tradicional inglesa non se celebra.,

A Catedral de Lincoln beneficiouse deste episodio. Hugh foi recoñecido como un mártir cristián , e os sitios relacionados coa súa vida convertéronse en obxecto de peregrinación.

A capela data do período inmediatamente após a expulsión dos xudeus de Inglaterra en 1290, en parte financiada por Eduardo I, como ferramenta de propaganda para xustificar as súas accións resaltando o perigo que supostamente os xudeus supoñían para os cristiáns. O brasón real estaba en todas partes. Como Stacey sinala: "Unha identificación máis explícita da coroa coa acusación de crucifixión ritual é difícil de imaxinar." O deseño incluía decoración conmemorativa da muller de Eduardo, Lionor de Castela, quen non levantaba moitas simpatías debido á compra e venda a grande escala de débedas de xudeus, coa finalidade de requisar as terras e propiedades daqueles endebedados; pode terse repetido intencionadamente o das cruces de Lionor, que tamén a conmemoraban. Esta intervención foi un "golpe mestre de propaganda" rehabilitando a imaxe de Eduardo e Lionor e reclamando a autoría do Edicto de Expulsión.