Josep María Gascón Ramírez, nado en Amer (provincia de Xirona) en 1974, é un avogado e directivo catalán. Experto en liderado, foi directivo en multinacionais, na administración pública catalá e en diversos consellos de administración. É ensaísta e poeta e colabora en varios medios. Recibiu varios premios e recoñecementos.
Traxectoria Estudou música na súa vila natal, de forte tradición musical, co mestre Pere Fontàs. Na adolescencia fundou o grupo de rock Punts Suspensius, do que foi letrista da maioría das cancións, plasmando nelas a súa conexión coa poesía. Un accidente de coche deixouno un ano convalecente, período no que profundou na escritura e publicou un libro de poesía. Tras a súa recuperación, o seu rumbo profesional deu un xiro e dedicouse ao mundo do dereito e a empresa.
Licenciouse en Dereito pola Universidade Pompeu Fabra, graduouse en Dirección Xeral polo INSEAD (Fontainebleau) e posúe un Máster en Dereito Fiscal e Diploma en Xestión Tributaria por Esade.
Traballou como avogado na firma Cuatrecasas e en 2004 converteuse no director fiscal en España e Portugal de Solvay, multinacional belga do sector da química. Tras ocupar diversos cargos directivos, foi director de excelencia e membro do comité de dirección financeira da multinacional belga.
Foi director de estratexia e intelixencia competitiva da Consellería de Empresa da Generalitat de Catalunya. En 2017 volveu ao mundo corporativo como socio de Grant Thornton, e en 2019 xunto a Jordi Aspa fundou a súa propia consultora, Vitaes Partners.
Foi presidente do International Advisory Board do World Chemical Summit que se celebra en Fira Barcelona.
Impulsor de diversos emprendementos ou “startups", foi director executivo de Meditech Capital, un proxecto empresarial para o desenvolvemento de dispositivos médicos cardiológicos. Foi membro de consellos de administración e consellos asesores de diversas empresas públicas e privadas, como Asabys Partners (anteriormente Sabadell Asabys Health Innovation Investments SCR), Acció -Axencia per a Competitivitat de l’Empresa-, MarketAAD, Jevnet, Expoquimia, Soccer Science, Albatros e Indresmat, entre outras.
Foi profesor en GBSB Global Business School of Barcelona, e impartiu seminarios e conferencias sobre liderado e xestión do cambio.
Entre 1999 e 2009 foi presidente da Associació Cultural Manaies d’Amer entidade cultural fundada en 1710 e dedicada á preservación e promoción das tradicións culturais vinculadas á Semana Santa.
Colaborou en diversos medios de comunicación: nos faladoiros de El matí de Catalunya Ràdio, e como columnista en Expansión, El Economista, Diari de Girona,"l'Econòmic" de Avui, Jornal de Notícias, Russia Today e GlobalGeoNews-Fildmedia. Obra 25 poemas y otros versos (Cat Edicions, 1998) El Viaje. Los cuatro ejes del liderazgo para llegar a la cumbre (Empresa Activa, 2022) Recoñecementos
Recoñecido ao principio da súa carreira co Premio Internacional da Avogacía Iberian Lawyer 40 under Forty (2011), e en 2013 e 2014 como European Young Leader polos think tanks Friends of Europe e Europanova, en 2012 foi nomeado Business Ambassador pola Generalitat de Cataluña.
Notas
Categoría:Ensaístas de España Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Avogados Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Nados na provincia de Xirona