A segunda guerra sinoxaponesa foi un conflito bélico entre a República da China e o Imperio do Xapón desenvolvido entre 1937 e 1945, como continuación da guerra de Manchuria iniciada en 1931. Considérase como parte da segunda guerra mundial, e adoita sinalarse como o comezo desta na fronte asiática. Trátase da maior guerra loitada no continente durante o século XX, e foi descrita como o "holocausto asiático" pola escala dos crimes de guerra nipóns contra a poboación civil chinesa, similares aos cometidos na Europa. Tanto na República da China como na República Popular é chamada a guerra de resistencia contra a agresión xaponesa (en chinés tradicional: 抗日戰爭; en chinés simplificado: 抗日战争; en pinyin: Kàng Rì zhàngzhēng).
O 18 de setembro de 1931, os xaponeses escenificaron o incidente de Mukden, unha operación de bandeira falsa ideada para xustificar a súa invasión de Manchuria e o establecemento do estado monicreque de Manchukuo. Algúns historiadores consideran esta data como o comezo da guerra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerras nas que participou o Xapón Categoría:Guerras nas que participou a China Categoría:Segunda guerra mundial