Jorge Luis Volpi Escalante, nado na Cidade de México o 10 de xullo de 1968, coñecido como Jorge Volpi, é un escritor mexicano membro da denominada xeración do crack e, desde o 8 de decembro do 2016, coordinador de Difusión Cultural da UNAM. No 2018, obtivo o Premio Alfaguara, pola súa obra Una novela criminal. Desde febreiro de 2022 é director do Centro de Estudos Mexicanos (CEM) en España da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).

En 2025 participou no II Encontro Pontevedra Literaria.

Traxectoria Volpi comezou a escribir moi novo, ao dezaseis anos, tras participar nun concurso de conto no Centro Universitario México, ao que tamén acudiron Ignacio Padilla e Eloy Urroz, con quen máis tarde elaboraría o Manifesto Crack. Foi catedrático da Universidade Marista e da UDLAP. Logo decantouse por lecturas de historia, filosofía e ciencia. Titulouse en Dereito pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), en 1993, e obtivo o grao de mestre en letras mexicanas pola mesma universidade; doutorouse en filoloxía hispánica pola Universidade de Salamanca, xunto ao seu amigo Padilla, cunha tese sobre as relacións entre o subcomandante Marcos e os intelectuais en 1994 (máis tarde converteríase no libro La guerra y las palabras). Sobre o poeta Jorge Cuesta, escribiu o ensaio El magisterio de Jorge Cuesta, que lle valeu o Premio Plural de Ensaio en 1991. Ese mesmo ano, publicou o seu primeiro libro de contos, Pieza en forma de sonata, para flauta, oboe, cello y arpa, Op. 1, onde reflexiona sobre a enfermidade que produce a música nos seus intérpretes, que teñen un ímpeto obsesivo de alcanzar a execución perfecta do seu instrumento musical, coma se fose unha especie de destino sexual. Foi profesor visitante nas universidades de Emory (Atlanta) e Cornell (Ithaca, Nova York).

A súa primeira produción novelística agrupa A pesar del oscuro silencio (1993), La paz de los sepulcros (1995) e El temperamento melancólico (1996) e as novelas curtas Días de ira (no volume Tres bosquejos del mal, 1994), Sanar tu piel amarga (1997) e El juego del Apocalipsis (2000).

Coa súa novela En busca de Klingsor (Seix Barral, 1999), que obtivo varios premios, iniciou unha chamada Trilogía del siglo XX. Esta obra —que trata sobre un científico estadounidense que se une ao exército coa misión, ao final da segunda guerra mundial, de descubrir quen é Klingsor, presumiblemente un científico nazi de moi alto nivel— supuxo a súa consagración internacional ao ser publicada en vinte e cinco idiomas. Completou a triloxía con El fin de la locura (Seix Barral, 2003) e No será la tierra (Alfaguara, 2006). esquerda|miniatura|Jorge Volpi firma un autógrafo na Feira Internacional do Libro de Miami 2011. Escritor atípico na esfera cultural mexicana, Volpi documéntase a fondo antes de empezar unha obra e sente unha gran paixón polo mundo da ciencia e as súas implicacións, así como pola política e o pensamento actual. As súas novelas van dirixidas a un lector culto, inquieto e intelixente, a fin de inducilo a unha reflexión ética no fondo.

Ademais, cultivou o ensaio con obras como La imaginación y el poder. Una historia intelectual de 1968 y La guerra y las palabras. Una historia intelectual de 1994, onde aborda a Revolución Zapatista, Mentiras contagiosas, autor de antoloxías (Día de muertos, de mozos contistas mexicanos) e, xunto con Fernando Iwasaki, dunha edición comentada dos contos completos de Edgar Allan Poe, na que participan sesenta e nove contistas españois e hispanoamericanos. O seu ensaio máis recente é LLeer la mente. El cerebro y el arte de la ficción (2011).

Colabora habitualmente, entre outros medios, co semanario mexicano Proceso, o diario español El País, e ten un blog El Boomeran(g). Foi profesor universitario, membro do Sistema Nacional de Creadores de México, director do Instituto de México en París (2001) — en Francia compilou durante dous anos información sobre o maio de 1968 para as súas obras, e leu en profundidade as teorías de Jacques Lacan, Michel Foucault, Roland Barthes e Louis Althusser— e, durante catro anos, dirixiu Canal 22, a cadea cultural da televisión pública de México.

Recibiu o V Premio Planeta-Casa de América 2012 por La tejedora de sombras, novela sobre Christiana Morgan e sobre a súa relación co director da Clínica Psicanalítica de Harvard (creadores, ambos, do Test de Apercepción Temática), Henry Murray.

No servizo público, foi director do Centro Cultural de México en París, de 2001 a 2003. Durante o sexenio do presidente Felipe Calderón Hinojosa foi director de Canal 22 (2007 a 2011).

Desde o 8 de decembro do 2016, é titular da Coordinación de Difusión Cultural da Universidade Nacional Autónoma de México e profesor de Cátedra Especial na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM, co curso "Los orígenes de la violencia. Perspectivas literarias y científicas."

En 2022 foille concedida a nacionalidade española por carta de natureza.

Obras

Novelas e contos

Pieza en forma de sonata, para flauta, oboe, cello y arpa, Op. 1, contos, Cuadernos de Malinalco, México, 1991 (Seix Barral, Barcelona, 2003) A pesar del oscuro silencio, Joaquín Mortiz, México, 1992 Días de ira (relato publicado novolume Tres bosquejos del mal, xunto con outros dous: Imposibilidad de los cuervos de Ignacio Padilla y Las plegarias del cuerpo, de Eloy Urroz); Siglo XXI Editores, (1994). México. La paz de los sepulcros (1995). Editorial Aldus, México, D.F. (edición correxida: Planeta, 2007) El temperamento melancólico (1996). Nueva Imagen, México, D.F. Sanar tu piel amarga (1997). Nueva Imagen, México, D.F. En busca de Klingsor (1999). Seix Barral. El juego del Apocalipsis,(2001). Plaza y Janés. El fin de la locura (2003). Seix Barral, (2003). No será la tierra (Tiempo de cenizas) (20036. Alfaguara El jardín devastado (2008). Alfaguara. Mestura de memoria, ficción e aforismos. Oscuro bosque oscuro (2009). Editorial Almadia, Oaxaca de Juárez, Oaxaca (en España, Salto de Página, 2010) Días de ira (2011). Páginas de Espuma, Madrid. Contos, segundo a editorial, aínda que o autor non está tan seguro. Contén tres textos: A pesar del oscuro silencio, Días de ira e El Juego del Apocalipsis La tejedora de sombras (2012). Planeta. La paz de los sepulcros (2013). Editorial Alrevés. Memorial del engaño (2014). Alfaguara. Las elegidas (2015). Alfaguara. Una novela criminal (2018). Alfaguara. Partes de guerra (2022). Alfaguara. Las agujas dementes (2022). Punto de Vista Editores. ISBN 9788418322655. Enrabiados (2023). Páginas de Espuma Sl. ISBN 9788483933312. La invención de todas las cosas. Unha historia de ficción (2024). Alfaguara. ISBN 9788420479200.

Ensaios

La imaginación y el poder. Una historia intelectual de 1968, (1998). Ediciones Era, México, D.F. La guerra y las palabras. Una historia intelectual de 1994 (2004). Seix Barral, Barcelona. ISBN 978-84-322-0886-7. Crack. Instrucciones de uso (2005). Mondadori, Barcelona. Con Ricardo Chávez Castañeda, Alejandro Estivill, Vicente Herrasti, Ignacio Padilla, Pedro Ángel Palou e Eloy Urroz, Mondadori, Barcelona. México. Lo que todo ciudadano quisiera (no) saber de su patria (2006). Aguilar, México. Con Denise Dresser. Mentiras contagiosas: Ensayos (2008). Páginas de Espuma, Madrid. ISBN 978-84-8393-007-6. El insomnio de Bolívar (2009). Mondadori. Leer la mente. El cerebro y el arte de la ficción (2011). Alfaguara, México. Examen de mi padre (2016). Alfaguara, México.

Premios e recoñecementos

Premio Plural de ensaio 1991 Premio Biblioteca Breve 1999 por En busca de Klingsor Prix Grinzane Cavour Deux Océans 2000 por En busca de Klingsor (À a recherche de Klingsor) Premio Mellor Tradución do Instituto Cervantes de Roma 2002 por En busca de Klingsor (In preto di Klingsor) Premio Iberoamericano Debate-Casa de América 2008 por El insomnio de Bolívar Premio Mazatlán de Literatura 2009 por Mentiras contagiosas Premio José Donoso 2009 Bolsa Guggenheim Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (Francia) 2009, imposta polo embaixador de Francia en México, Daniel Parfait. Premio Planeta-Casa de América 2012 or La tejedora de sombras. Oficial da Orde de Isabel a Católica (España) 2016, imposta polo embaixador de España en México, Luis Fernández-Cid. Premio Alfaguara de Novela 2018.

Notas

Categoría:Diplomáticos de México Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1968 Categoría:Escritores de México Categoría:Escritores en lingua castelá