Magnetic Systems foi unha banda italiana, da cidade de Milán, activa durante a década de 1970, con bases no jazz-rock e un uso forte dos sintentizadores sentando precursión ao synth-pop e ao italo disco. A banda mesturaba "white funk" e jazz fusión co formato de sintonía televisiva e música cinematográfica. O conxunto mantiña en anónimo aos 3 músicos que o compuñan ata o seu cesamento, despois da saída do seu disco recompilatorio, os tres eran compositores de bandas sonoras en películas, series e adaptacións de debuxos animados e animes á televisión italiana; por unha banda o pianista milanés Vince Tempera foi o compositor da famosa trilla sonora de "Sete notas en negro" de Lucio Fulci, reutilazada máis tarde en Kill Bill Volume 1, o tamén compositor de música cinematográfica Franco Bixio, como en "L'invasione - Marte attacca Terra" e Fabio Frizzi compositor da música en "Superfantagenio", de Bud Spencer.

Características O grupo créase na estela de supergrupos de estudio italianos dos 70, similar a Goblin, The Pawnshop (con Alessandro Alessandroni, Giuliano Sorgini e Giulia De Mutiis), The Feedback e The Braen's Machine, xorde o Magnetic System, un equipo de músicos recoñecidos da súa industria traballando de incógnito composto polo teclista de de Milán Vince Tempera, o referente dentro do Cinevox italiano Franco Bixio, e o popularizado polo "video nasty" Fabio Frizzi (quen en 1970 acababa de lanzar a súa carreira). A música cinematográfica e sintética do Magnetic System consideráse que marcou un punto de inflexión na música de cine de xénero italiana, promovendo a electrónica melódica e o disco-funk, á vangarda da cultura pop italiana e anticipando os primeiros murmurios do italo disco e o synthpop.

Discografía

Magnetic Systems, recompilación de gravacións de estudio lanzada no ano 2016 por Finders Keepers Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Godzilla, banda sonora para a versión de Godzilla distribuida en cines por Luigi Cozzi, versión coloreada, supostamente aceptada por Toho e con música superposta da banda Magnetic Systems (película alcumada Cozzilla polo fanbase).

Categoría:Grupos musicais de Italia Categoría:Grupos musicais de synthpop