Yasmine Hamdan, nada en Beirut, o Líbano, en 1976, é unha cantante, cantautora e actriz libanesa. Non se sabe moito da súa vida persoal. Viviu no Líbano, Kuwait, os Emiratos Árabes Unidos, Grecia e Francia. Está casada co cineasta e actor palestino Elia Suleiman e actualmente reside en París, Francia.
Traxectoria
Música Hadman debutou na industria musical co dúo que formou con Zeid Hamdan, Soapkills, cando aínda vivía en Beirut, a capital do Líbano. Soapkills foi unha das primeiras bandas electrónicas independentes no Oriente Medio, o que, entre outras cousas, gañoulle a Yasmine Hamdan o título de icona "underground" no mundo árabe. En 1999, publicouse o primeiro álbum do dúo, "Bater".
Tras mudarse a París colaborou con CocoRosie e co artista e produtor suízo Mirwais quen foi parte da banda da nova onda electrónica francesa Taxi Girl nos anos 80, e produciu e coescribiu algúns álbums de Madonna. Con Mirwais gravou o álbum "Arabology", lanzado en 2008, baixo o nome "Y.A.S."
Hamdan entón uniu forzas con Marc Collin da banda de música francesa "Nouvelle Vague" (cuxo nome provén do grupo homólogo de cineastas franceses) para escribir e producir o seu primeiro álbum solista, lanzado en Francia e o Líbano en 2012 con Kwaidan Records, e internacionalmente en 2013 con Crammed Discs co título "Ya Nass"; obra que mestura pop, folk e electrónica con melodías e letras que lembran ao Oriente Medio tradicional.
Hadman caracterízase, ademais, por usar varios dialectos do árabe nas súas letras.
En 2017 reapareceu con "Al Jamilat". Escribiu unha banda sonora orixinal para a obra de teatro "Rituel pour une métamorphose" (Ritual para unha Metamorfose), do dramaturgo sirio Saadallah Wannous.
Actuación Apareceu nun cameo no filme de Jim Jarmusch Only Lovers Left Alive. xunto con Tilda Swinton e Tom Hiddleston.
Notas
Categoría:Nados en Beirut Categoría:Nados en 1976 Categoría:Cantantes do Líbano