Joaquín Balboa García nado en Estevesiños (Monterrei) o 22 de agosto de 1908 e finado no mesmo lugar o 23 de maio de 1994, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis. Traxectoria Membro dunha familia numerosa, Joaquín, como moitos outros galegos tivo que saír da súa terra para escapar da pobreza. Emigrou a Barcelona xunto a súa muller, Julia. En Barcelona Joaquín empregouse como perruqueiro da Asociació de Cescs de Catalunya, traballo que despois lle salvou a vida no campo. miniatura|Joaquín Balboa liberado en Sank Lambrecht, maio 1945. En plena Guerra civil española, en setembro de 1937, Joaquín ingresou no Cuerpo de Carabineros, combatendo no Exército da República na fronte de Aragón. Ao caer Cataluña escapou a Francia por Prats de Molló o 3 de febreiro de 1939. En Francia, foi confinado nos campos de refuxiados de Argelès-sur-Mer e Le Barcarès e acabou integrándose na Compagnie de travailleurs étrangers 209, destinado na fábrica de armas de Saint Florentin (departamento de Yonne). Alí foi apresado polo exército alemán en agosto de 1940.

Pasou por varios stalags, ata que en abril de 1941 foi trasladado a Mauthausen desde Tréveris, asignándoselle o número 3833. Traballou primeiro na canteira, onde a axuda doutro preso librouno dunha malleira, ou da morte, cando caeu baixo o peso da pedra que subía pola tristemente famosa escaleira de 186 banzos. Un tempo despois comezou a traballar de barbeiro, o que dicía que lle salvara vida. miniatura|Anverso dunha postal enviada por Joaquín a súa muller (1944) En xuño de 1943, enviárono ao subcampo de Sant Lambrecht, un mosteiro beneditino, no sur de Austria, requisado polos SS como granxa e lugar de repouso. Alí traballou no campo e no monte. Mellorou a súa situación porque a violencia non era tan brutal e, ademais, podía alimentarse mellor furtando algunha comida.

O 9 de maio de 1945, tropas inglesas liberaron o campo, pero Joaquín non regresou a Francia ata o 29 de xuño. Despois de pasar polo Hôtel Lutetia de París, onde se acollía aos refuxiados chegados dos campos alemáns, conseguiu traballo nunha granxa preto de Montauban.

Regresou a Barcelona en febreiro de 1949, onde volveu traballar de perruqueiro.

Nos anos sesenta do século XX participou na creación, na clandestinidade, da asociación Amical de Mauthausen, coa que realizou varias viaxes aos campos de concentración. miniatura|Carné de deportado de Joaquín (1947) Joaquín viaxou por última vez a Mauthausen en 1989, convidado pola Televisión de Galicia, para gravar o programa "Mauthausen: regreso ao campo da morte"Vídeo en Youtube xunto a outro sobrevivente galego, Enrique Doval.

O 6 de marzo do 2020 o investigador Damián Domínguez Fernández presentou no Consulado arxentino de Vigo unha denuncia en nome de Joaquín para unila á Querela Arxentina contra os crimes do franquismo. Ese mesmo día presentáronse outras seis denuncias en nome de todos os deportados da provincia de Ourense. O acto foi coordinado polo Grupo de Traballo de Ourense da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Vida persoal Casou coa súa veciña Julia Rodríguez Rodríguez. Emigraron a Barcelona, onde naceu o seu fillo Eladio no ano 1933, que faleceu en 1952, tres anos despois do regreso do seu pai de Francia.

Joaquín volveu traballar da barbeiro mentres súa esposa tiña unha peixería que lle axudou a sobrevivir nos moitos anos de ausencia do marido. miniatura|Ofrenda floral no monumento a Joaquín Balboa en Estevesiños, realizada por dous sobriños do homenaxeado (6 de agosto do 2016) Ao redor do ano 1975 o matrimonio retornou á súa aldea natal, Estevesiños, onde pronto faleceu Julia.

Recoñecementos En agosto do 2016 a Asociación Monterrei: cultura e territorio organizou unha homenaxena súa honra. A corporación municipal declarouno Fillo Predilecto de Monterrei e inaugurouse un monumento que o recorda na súa aldea, Estevesiños.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies.

Categoría:Nados en Monterrei Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña