Paulo Pascual Castro, nado en Vigo, é un músico que leva traballando co theremin dende o 2003.
Traxectoria É un dos poucos thereministas da península Ibérica. Imparte obradoiros en escolas, conservatorios, centros culturais, etc. Grava e edita temas en diferentes formatos (vinilo, CD, casete). Publicou un LP (Planeta Theremin, 2018) co instrumento como solista xunto a violonchelos, pianos e guitarras. Co documental Negro Púrpura (2021), foi o primeiro en compoñer, interpretar, gravar e editar en vinilo a banda sonora dunha película co instrumento no estado.
Discografía Planeta Theremin LP de Modulator de Ondas // (vinilo e CD) 2018. Paulo Pascual, Modulador de Ondas (CD) 2021. Paulo Pascual, Negro Púrpura Vinilo 2021.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido