dereita|miniatura|Tumba de Avelino Rodríguez Fernández en Pazos, Verín. Avelino é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co castelán. O nome procede do apelido do santo André Avelino (en italiano Andrea Avellino), procedente da cidade de Avellino, na Campania, onde abundaban as abelás: o nome latino destes froitos () deriva, precisamente, da rexión italiana de Abella (hoxe Avella).
En xaneiro de 2023 existían 1.603 homes en Galicia co nome Avelino, cunha media de idade de 67,6 anos.Nome Avelino na web do Instituto Galego de Estatística
Avelino noutras linguas Aragonés: AvelínEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Castelán: Avelino Catalán: Aveŀlí Éuscaro: Abelin Francés: Aveline Inglés: Hazel Italiano: Avellino Portugués: Avelino
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses