Rafael Pozo Collado (coñecido artisticamente como Carpo), nado en Vigo o 20 de xaneiro de 1920, foi un pintor galego.
Traxectoria Carpo comezou a súa traxectoria artística como cartelista, eido no que gañou competicións en feiras de varias das principais cidades galegas e en varios concellos de España. En 1953 realizou unha exposición no Foto-Club de Vigo.
O seu traballo desenvolveuse no sector gráfico e industrial. Moitas das súas obras describen a vida cotiá e mais as tradicións do rural galego, que ás veces retrata con ton humorístico ou irónico. Destacan tamén os motivos mariñeiros. Porén, a súa obra abarca tamén o paisaxismo ou os bodegóns, así como a decoración cerámica e de obxectos. O seu estilo está influenciado pola obra artística de Castelao.
Casou con Petra Alonso González, que finou viúva en 2013.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas XXII curso universitario de verán en Vigo (Galiciana)
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Debuxantes de Galicia