El castillo de las mentes prodigiosas foi un reality show español emitido por Antena 3 TV no ano 2004, presentado por Alicia Senovilla. Formato de Toni Cruz e Josep María Mainat. Foi unha produción de Gestmusic. Formato Estreado o 23 de marzo de 2004, un grupo de dez videntes, bruxos e magos tiñan que convivir nun castelo, demostrando as súas habilidades na arte da maxia e o sobrenatural. Todo iso baixo as directrices dun mestre de cerimonias, denominado Señor del Castillo. Cada semana un dos participantes era expulsado.
O programa non acadou os resultados de audiencia esperados pola cadea, o que precipitou a súa retirada da oferta televisiva.
Notas
Categoría:Reality shows de España Categoría:Programas de Antena 3