A evasión da Nueva Marujita foi a fuxida de dez republicanos galegos desde A Pobra do Caramiñal a Casablanca en maio de 1937.

Historia O 4 de maio de 1937 a traiñeira a motor Nueva Marujita, propiedade de Antonio Romero Hermo "Franco", aproveitou unha recalada co obxecto de prepararse para a pesca do bonito en Cabío e puxo rumbo a Casablanca. No banco viaxaban dez homes, incluíndo o patrón-armado. A tripulación e os fuxidos eran: Juan Chouza Mendoza, Manuel Ouviña Fernández, os irmáns Gabriel e Ventura Bazarra Fernández, Manuel Núñez Guillán, Juan Guillán Millán, Ramón Pardavila Noceda, Ángel Santos Fernández e Tomás Hermo González. Arribaron a Casablanca cinco días despois, e presentáronse no consulado español, conseguindo incorporarse a zona republicana. Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Evasións por mar de Galicia no franquismo Categoría:1937 en Galicia Categoría:A Pobra do Caramiñal