A Juventud Comunista Ibérica (JCI) foi unha organización política xuvenil española, impulsada polo Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM) durante a Segunda República e a guerra civil española.

A JCI naceu en xullo de 1931 co nome de Juventudes Comunistas Independientes, vinculada ao Bloque Obrero y Campesino (BOC), escisión do PCE liderada por Joaquín Maurín e contraria ao estalinismo.

O POUM proporcionou adestramento militar á JCI.

A partir de setembro de 1935, trala unificación de Izquierda Comunista de España e o BOC que da nacemento ao POUM, convértese nas xuventudes do mesmo. Os seus principais dirixentes foron Germinal Vidal, primeiro secretario da JCI e morto durante a sublevación militar do 19 de xullo de 1936 en Barcelona, Wilebaldo Solano, que lle sucedeu no cargo de secretario, e Ignacio Iglesias.

Opúxose á entrada do POUM no goberno da Generalitat de Cataluña e formou un Frente de la Juventud Revolucionaria xunto ás Juventudes Libertarias. Tivo un papel destacado durante os Sucesos de maio de 1937. Afirmaba ter 10 000 afiliados.

O seu órgano oficial era o periódico Juventud Comunista, publicado en Barcelona. Outros órganos foron Juventud Roja (Valencia), La Antorcha (Madrid), o xornal Combat (Lleida) e o semanario Acción (Tarragona).miniatura|Cabeceira do semanario Acció da Juventud Comunista Ibérica en Tarragona|centro Notas

Bibliografía

Categoría:Mocidades políticas de España