A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais, Intersexuais e máis,https://felgtbi.org/quienes-somos fundada en 1992, coñecida polo seu acrónimo FELGTBI+, é a federación de asociacións LGBT+ máis numerosa de España.

Traxectoria En 2018 forman parte da organización 56 asociacións​ de carácter local, provincial e autonómico con presenza en case todas (en 16 de 17) as comunidades.​ Desde 2024 presídea a activista valenciana Paula Iglesias.

Entre as súas finalidades atópanse a coordinación do movemento asociativo LGBTI+, a reivindicación da igualdade legal, o respecto social cara á diversidade afectivo-sexual, a posta en marcha de campañas de sensibilización e denuncia –incluíndo a celebración anual do Orgullo Estatal LGTBI+​ e a formación de activistas das súas asociacións membro.

FELGTBI+ foi a primeira organización LGTBI+ de España en reivindicar o matrimonio entre persoas do mesmo xénero en España. As súas accións caracterízanse por reivindicar os dereitos LGBTI+ desde formulacións integradoras (matrimonio, lei de identidade de xénero ou lei de igualdade) e identitarios (Orgullo LGTBI+ ou cultura LGTBI+). Para iso realiza campañas gráficas, promove a presenza nos medios e a negociación política, organiza conferencias e manifestacións e presta servizos ao colectivo LGTBI+ a través das súas asociacións membro.

Foi unha das entidades representantes de persoas trans e LGTBI+ que, xunto con Fundación Triángulo e Chrysallis, traballou na Lei Trans e LGTBI+ aprobada en febreiro de 2023.

Nós Mesmas A asociación Nós Mesmas é a principal asociación galega que forma parte da FELGTBI+. É un colectivo transfeminista sen ánimo de lucro, fundado en Vigo no ano 2008.https://www.20minutos.es/noticia/414736/0/asociacion/lesbianas/vigo Naceu da necesidade de crear un espazo seguro e visible para as mulleres lesbianas, bisexuais, persoas trans e non binarias, desde onde facer fronte á discriminación e reivindicar os seus dereitos e dignidade.

Actualmente é a organización que coorganiza, xunto con Avante LGBT+, o Orgullo Crítico da cidade de Vigo.

Notas

Categoría:LGBT en España