Frances Madge Kitchener, nada en Kasauli, na India, o 1 de agosto de 1889 e finada en Croydon, Gran Londres, Inglaterra, en 1974, foi unha enfermeira e artista británica, recoñecida polos seus deseños de medallas e moedas.

Traxectoria Frances M. Kitchener naceu en Kasauli, no Raj Británico, o 1 de agosto de 1889, filla de Caroline Louisa Fenton (1857-1901)"Caroline Louisa Fenton". Thepeerage.com e do tenente xeneral Frederick Walter Kitchener"Frances Madge Kitchener". Thepeerage.com (1858-1912)."#2107, Frances Madge Kitchener". Family-tree.cobboldfht.com"Frances Madge Kitchener (1889-1974)". Wikitree.comMosley, C. (ed.) (2003)."Lt.-Gen. Sir Frederick Walter Kitchener". Thepeerage.com Frances era sobriña de Horatio Herbert Kitchener, primeiro conde Kitchener."Miss (Frances) Madge Kitchener". Ashtead.org

Durante a primeira guerra mundial traballou como enfermeira da Cruz Vermella francesa entre 1914 e 1920, e foi condecorada pola Royal Red Cross. Formouse na Slade School of Fine Art de Londres, e tamén en París e nos Estados Unidos, e foi unha artista recoñecida en Inglaterra durante os anos vinte. Na década de 1930 tiña un estudio chamado The Little Gallery, no número 80 de The Street, en Ashtead, Surrey.Worsfold, M. (2000). "Miss Kitchener's Royal Mint designs for a three-penny piece, 1936-7". En Leatherhead & District Local History Society Proceedings. Vol. 6. Nº 4. Páxinas 78-80.miniatura|180x180px|Reverso da moeda de tres peniques de latón, deseñado por Kitchener.Foi unha das primeiras mulleres artistas en chamar a atención da Real Casa da Moeda de Londres, a través do concurso para deseñar unha placa-medalla para a Exposición do Imperio Británico de 1924."Lot. № 1068". Noonans Mayfair (Noonans.co.uk). 14 de outubro de 2025. Un dos seus traballos artísticos máis sobranceiros foi o deseño do primeiro modelo do reverso das moedas de tres peniques de latón, emitidas entre 1937 e 1948, consistente na representación dunha herba de namorar con dúas flores estilizadas,"Great Britain: King Edward VIII brass threepence 1937". Heritage Auctions (Coins.ha.com). que foi modificado logo por Percy Metcalfe."Information and research". The Royal Mint Museum Review 2022-2023. Royal Mint Museum. Páxina 7.Farmer, R. (2017). "'That Alien, New-fangled, Thick, Intractable Dodecagon': The Design and Introduction of the 1937 British Threepenny Coin". En History Workshop Journal. Nº 83. Páxina 206.Linecar, H. W. A. (1977). British Coin Designs and Designers. G. Bell & Sons, Londres. Páxina 131. ISBN 978-0-7135-1931-0

Frances Madge Kitchener viviu a maior parte da súa vida en Wimbledon e finou na localidade de Croydon en 1974.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Mosley, C. (ed.) (2003). Burke's Peerage, Baronetage & Knightage, 107th edition. Burke's Peerage, Wilmington, Delaware. Volume 2. Páxina 2.207.

Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Nados na India Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Artistas de Inglaterra Categoría:Personalidades sen imaxes