Rocestes ou Rocesthes foi un dux gótico tervingo do século IV que gobernou baixo o seu irmán máis vello Atanarico, ambos fillos de Aorico. Foi pai ou avó paterno de Flavio Alarico I, primeiro rei dos visigodos, e o pai de Atarid, quen desempeñou un papel dominante na morte do mártir cristián Saba o Godo.Kulikowski, 2006, p. 200

Malia que nas fontes aparece como βασιλίσκος,Jones, Martindale & Morris (1971), p. 765 este título refírese, probablemente, a un reiks gótico: é dicir, un home respectado que era o líder ou caudillo dun destacamento ou grupo (kuni gótico) dos godos, neste caso tervingos,Meier (2019), p. 148 pero que estaba baixo a dependencia dun xuíz godo, neste caso Atanarico.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Godos Categoría:Dinastía Baltinga Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados no século IV