Super Mario Bros. Wonder (en ; Sūpā Mario Burazāzu Wandā) é un videoxogo de plataformas de 2023 desenvolvido e publicado por Nintendo para a consola Nintendo Switch. É o primeiro videoxogo de desprazamento lateral tradicional da franquía Super Mario dende New Super Mario Bros. U (2012). O xogador controla a Mario, Luigi e os seus amigos mentres intentan deter a Bowser, que planea apoderarse dunha nova terra coñecida como o Reino das Flores despois de usar a Flor Marabillosa máxica para fusionarse co castelo do reino.
O desenvolvemento de Super Mario Bros. Wonder comezou en 2019, co director Shiro Mouri inspirado no Super Mario Bros. orixinal e o produtor Takashi Tezuka buscando reinventar a experiencia en 2D de "Mario" e introducir unha nova localización.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2023 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador