A antístrofa (en grego antigo ἀντιστροφή, media volta, do grego στρέφω, xirar) pertence á arte coral do teatro grego antigo, con orixes na poesía lírica coral doria.Jacques Jouanna, Sophocle, Fayard, 2007. Nun canto lírico formado por grupos de dous ou de tres estrofas, é a segunda estrofa, que responde ao primeiro, chamado "estrofa" ou "oda".Herbert Weir Smyth, Greek Grammar, Cambridge (MA), Harvard University Press, 1920, p. 674. .

A antístrofa, semellante en métrica (repartición das breves e as longas) e o número dos versos á estrofa, reproduce pois o ritmo da estrofa, pero efectúa igualmente repeticións sonoras, verbais e/ou temáticas.

A antístrofa sitúase antes dunha eventual terceira estrofa, chamada "épodo", é dicir "estrofa cantada despois". Acompañábase con música.Hugh Chisholm éd., "Antistrophe", Encyclopædia Britannica 2 (11 ed.), Cambridge University Press, 1911.

O coro, ao cantar a antístrofa,Pensouse durante un tempo que un semicoro cantaba a estrofa, que outro e cantaba a antístrofa e que o coro enteiro ou o corifeo só cantaba o épodo (Christian Muff, Die Chorische Technik Des Sophokles, Halle, 1877. efectúa un movemento de danza, volvendo, en sentido inverso, ao lugar desde onde saíra para executar o movemento de danza da estrofa, que comprendía o mesmo número de pasos. Este movemento concíbese doadamente no cadro dunha orchestra arcaica trapezoidal ou rectangular. En caso de orchestra circular ou semicircular, os coreutas debían xirar arredor do altar ou da estatua de Dioniso, situada sobre a orchestra.Michèle Aquien, Dictionnaire de Poétique, Livre de Poche, coll. "Guides de Poche", 1993. Nas obras antigas, o coro cantaba a antístrofa bailando de de esquerda a dereita (en relación ao espectador), despois de cantar a estrofa de bailando de dereita a esquerda.Mario Vitorino, Ars grammatica, I.

Voltos ao seu punto de partida, os coreutas cantaban o épodo, unha especie de conclusión, de estrutura métrica diferente. Esta "tríade" (estrofa, antístrofa, épodo) podía ser única (como en ’Áiax de Sófocles), repetida de 3 a 13 veces, ou ausente (Antígona de Sófocles non a ten, par exemplo) das traxedias.Martin Steinrück, À quoi sert la métrique ? Interprétation littéraire et analyse des formes métriques gregas : une introduction, Jérôme Millon, 2007, pp. 76-77.

Atópanse igualmente antístrofas (en presenza de estrofa e épodo) fóra do teatro, desde algunhas odas da poesía grega (Píndaro, Odas) ata nos poemas líricos de poetas europeos como Ronsard (Odes), Luigi Alamanni (Hymnes) ou Leconte de Lisle (Poèmes antiques).

Notas

Categoría:Xéneros de poesía