Antonio Etxaniz, nado en Bilbao en 1815 e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1867, máis coñecido como Bombeiro Etxaniz, foi un carpinteiro, arquitecto e bombeiro español. Ingresou nos Bombeiros de Bilbao en 1856, cando se organizou o corpo, do que chegou a ser xefe.
Traxectoria Etxaniz foi quen deseñou e construíu o primeiro Gargantúa das festas bilbaínas en 1854. A figura, xigante e caricaturesca, estaba inspirada no Gargantúa do escritor francés François Rabelais. As nenas e os nenos metíanse nel pola boca e baixaban por un tobogán pola parte de atrás. Ese primeiro Gargantúa foi destruído en 1874 por unha bomba na guerra carlista. Fíxose tan popular que se construíu outro, e acabou por converterse nunha tradición en diferentes localidades de Euskadi.
Morreu xunto con outros tres compañeiros o 7 de xuño de 1867 no incendio da casa da rúa do Correo, onde tiñan a súa imprenta e libraría a viúva de Delmas e o seu fillo. Para conmemorar a súa acción, un ano despois da súa morte levantouse na praza que hoxe leva o seu nome un quiosco que posteriormente foi substituído por un monólito de pedra.
Existen en Bilbao unha praza e un centro de saúde que levan o seu nome, no barrio de Indautxu.
Notas
Categoría:Arquitectos do País Vasco Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Finados en 1867 Categoría:Nados en 1815