Lafayette Afro Rock Band foi unha banda de funk instrumental francesa fundada orixinariamente en Long Island activa entre o ano 1970, ano da fundación e da súa mudanza a París, até o 1978, ano de disolución. O grupo contou cunha repercusión moi baixa durante a década dos 70, opacada por contemporáneos coma Funkadelic pero a banda acadaría notoriedade sendo recuperada ao xeito de sampleos por estrelas posteriores coma Public Enemy (no seu afamado It Takes a Nation of Millions to Hold Us Back de 1988), Jay-Z ou Masters at Work.
Bobby Boyd, membro fundador, formaría parte en París da banda de estudio de Pierre Jaubert. En 1973 gravan "Ogleneon", que máis tarde formará parte do seu primeiro LP, "Soul Makossa", que se editaría en España, Francia e Italia, cunha destacada versión de Manu Dibango.
O grupo editou 9 álbums de estudio e as cancións "Darkest Light"" e "Hihache" pódense escoitar na serie da HBO The Wire e no filme Bad Boys II. Pechando unha carreira de funk instrumental con guitarras e unhas claras influencias de raíz afro.
Membros
Larry Jones - guitarra acústica Bobby Boyd - coros e efectos de voz Michael McEwan - guitarra Lafayette Hudson - baixo Frank Abel - teclados Ronnie James Buttacavoli - trompa Arthur Young - instrumentos de vento e percusión Ernest "Donny" Donable - batería Keno Speller - percusión
Notas
Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 1970 Categoría:Grupos musicais de funk