Ignacio Calvo y Sánchez, nado en Horche, Guadalaxara, en 1864 e finado en Madrid en 1930, foi un sacerdote, numismático, arqueólogo, escritor e arabista español, vinculado profesionalmente ao Museo Arqueolóxico Nacional.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Ignacio Calvo naceu en Horche, na provincia de Guadalaxara, en 1864. Inicialmente estudou na capital da provincia e, malia proceder dunha familia humilde, mediante bolsas de estudos logrou ingresar no Seminario Conciliar Central de Toledo e, posteriormente, ordenarse sacerdote en 1888."Ignacio Calvo Sánchez". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (RAH.es).Herrera Casado, A. "Ignacio Calvo y Sánchez". En Diccionario biográfico de Castilla-La Mancha (Diccionariobiograficodecastillalamancha.es).Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 401.

Sacerdocio Ese mesmo ano foi designado párroco de Alhóndiga, en Guadalaxara, e licenciouse en Sagrada Teoloxía. O seu destino en Alhóndiga estendeuse ata 1896, e neses anos alternou o exercicio do sacerdocio coa impartición de clases de Física, de Matemáticas e de Arqueoloxía Sagrada no seminario toledano, nos cursos 1887-1888 e 1891-1892.

En 1896 trasladouse como párroco e arcipreste a Herrera del Duque, Badaxoz,Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 402. mais a súa estadía alí foi efémera, xa que, logo dun primeiro intento frustrado en 1891, na convocatoria de 1897 Calvo logrou aprobar a oposición de acceso ao corpo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos, o que o levou á biblioteca da Universidade de Salamanca como primeiro destino.

Aínda que o máis relevante da súa traxectoria se desenvolveu a partir de entón no ámbito civil, Ignacio Calvo seguiu exercendo durante toda a súa vida o seu labor sacerdotal, na parroquia madrileña das Xerónimas da Concepción, onde oficiaba misa e participaba activamente nas asembleas de Acción Católica, unha vez concluída a súa etapa Salmantina.Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 408.

O Museo Arqueolóxico e a numismática Esa etapa concluíu en 1901, cando se trasladou ao Museo Arqueolóxico Nacional (MAN), en Madrid, onde se integrou na súa sección de Numismática, primeiro como axudante e uns anos despois xa como oficial. Foi a partir de aí cando comezou a se desenvolver o interese de Calvo por esa disciplina, e mesmo acudiu á universidade a aprender lingua árabe para poder descifrar as lendas dalgunhas moedas do museo.Cruz Mateos, M. (2019). Páxinas 402-403. Estes estudos de árabe servíronlle posteriormente para impartir clases desta lingua na Universidade Central de Madrid.

Á parte das investigacións e dos estudos de numismática, Ignacio Calvo tivo a determinación de difundir esta disciplina entre o gran público, mediante a publicación de artigos divulgativos en xornais e revistas xeneralistas, o cal levou a cabo a partir de 1903 mediante as súas colaboracións en La Época e en La España Moderna.Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 403.

En 1904, logo do pasamento do anterior titular, Calvo foi nomeado xefe da sección de Numismática do MAN, nun momento en que el mesmo recoñece nos seus diarios que non se sente aínda coa preparación científica e técnica necesaria nesa materia. Na súa nova condición de xefe da sección, foi convidado a participar en eventos de carácter internacional, como o Congreso Internacional de Numismática de Bruxelas de 1910 ou o Congreso Internacional de Arqueoloxía de Barcelona de 1929.Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 404. Tamén durante o exercicio do seu cargo se fixo cargo de numerosas doazóns, legados, incorporacións procedentes de escavacións e importantes adquisicións, como a do "cuaternión de Augusto" de 1919, que enriqueceron a colección numismática do Museo Arqueolóxico Nacional.Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 405.

Paralelamente ao seu labor como numismático, Ignacio Calvo participou tamén nalgunhas escavacións arqueolóxicas, como as de Tiermes (1912) e as de Osma (1913-1914), ambas en Soria, as de Clunia, en Burgos (1915), as da Cova da Galiana, en Horche (1914 e 1917), ou as do castro de Santa Trega, na Guarda (1914, 1922 e 1923), entre outras.Cruz Mateos, M. (2019). Páxina 406.

No ámbito asociativo, Calvo foi un dos fundadores e presidente da Asociación Española de Coleccionistas, e publicou varios artigos divulgativos sobre numismática na súa revista Coleccionismo."Asociación Española de coleccionistas. Sección Oficial". En Coleccionismo. Nº 29. Páxinas 74-75.

En 1916 foi nomeado académico correspondente da Real Academia da Historia.

Creación literaria Durante a súa estadía como párroco en Alhóndiga, Calvo comezou unha actividade literaria que compaxinou durante a súa vida co seu sacerdocio e o seu labor profesional como arqueólogo e numismático, cun folletín escrito xunto a Tomás Bravo que se publicou por entregas en 1890, titulado La flor de la Alcarria. En 1896 publicou un segundo libro sobre as súas vicisitudes nunha viaxe a Roma como sacerdote, titulado Abeja de la Alcarria en la Cúpula del Vaticano. Durante as súas etapas Salmantina e Madrileña, continuou coa publicación de contos e obras de carácter costumista e en ocasións cargadas de sentido do humor e ironía.

En 1905 publicou a obra literaria que lle proporcionou máis sona, titulada Historia dómini Quijoti Manchegui; a modo de tradución cómica ao latín macarrónico do Quixote de Cervantes, incompleta e cun carácter moi libre, e que se foi enriquecendo con novos capítulos nas cinco edicións posteriores.

En 1907 colaborou tamén con dous breves poemas no libro Cancionero de los amantes de Teruel, no que se reuniron 500 poemas relacionados con esta lenda.

Ignacio Calvo y Sánchez finou en Madrid en 1930.

Publicacións

A obra de Ignacio Calvo y Sánchez abrangue máis de medio cento de referencias, entre artigos, libros, informes e colaboracións de diferentes tipos. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis representativos:"Publicaciones seleccionadas de Ignacio Calvo y Sánchez". En Cruz Mateos, M. (2019). Páxinas 411-413.

Numismática

(1912). Salón de Numismática del Museo Arqueológico Nacional: datos para su más sabroso estudio . M. G. Hernández, Madrid.

(1913-a-). Salón de Numismática del Museo Arqueológico Nacional. Primera Parte. Monedas de la Edad antigua . Asilo de Huérfanos del Sagrado Corazón de Jesús, Madrid. (1926). Catálogo sumario del Museo Arqueológico Nacional. Guía del Salón de Numismática (con C. M. del Rivero) Blass, Soc. An. Tipográfica. (1927). Los reales de a cuatro . Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid.

Arqueoloxía

(1914-a-). Exploraciones arqueológicas. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid.

(1914-b-). Exploraciones arqueológicas [en el Monte Santa Tecla]. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1916-a-). Excavaciones en Clunia. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1916-b-). En las ruinas de Clunia. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1917). Excavaciones en la cueva y collado de Los Jardines (Santa Elena-Jaén) 1916 (con J. Cabré Aguilló). Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1918). Excavaciones en la cueva y collado de Los Jardines (Santa Elena-Jaén) 1917 (con J. Cabré Aguilló). Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1919-a-). Excavaciones en la cueva y collado de Los Jardines (Santa Elena-Jaén) 1918 (con J. Cabré Aguilló). Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1920). La Guardia (Pontevedra): exploraciones arqueológicas verificadas en los años 1914 a 1920. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1924). Monte de Santa Tecla en Galicia: memoria que acerca de los trabajos realizados en 1922-23 . Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid.

Varios

(1895). Abeja de la Alcarria en la cúpula del Vaticano: libaciones dulces y amargas hechas en Aragón, Cataluña, Francia, Roma, Nápoles y Valencia . L. Rubalcaba, Talavera de la Reina. (1898). Salamanca a vista de pájaro: (impresiones de un tío) por el licenciado Bolanegra. Calatrava, Salamanca. (1905). Historia domini Quijoti Manchegui. Asilo de Huérfanos del S. C. de Jesús, Madrid. (1913-b-). Termes, ciudad celtíbero arévaca. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos, Madrid. (1919-b-). Retratos de personajes del siglo XVI, relacionados con la Historia Militar de España. J. Cosano. Madrid.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cruz Mateos, M. (2019). "Ignacio Calvo y Sánchez (1864-1930)". En 150 años de una profesión: de anticuarios a conservadores. Ministerio de Cultura y Deporte, Madrid. Páxinas 400-413. ISBN 9789200145643 De Liñán y Heredia, N. J. (1930). "Don Ignacio Calvo y Sánchez (Q. D. H.)". En Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. T.. 51. Nº 1-7. Páxinas 361-364. Díaz-Andreu García, M. et al. (coord.) (2009). "Calvo y Sánchez, Ignacio". En Diccionario histórico de la arqueología en España: (siglos XV-XX). Marcial Pons Historia, Madrid. Páxina 166. F. H. y A. (1915). "Un ilustre numismático: D. Ignacio Calvo y Sánchez". En Coleccionismo. Nº 25. Páxinas 1-3. Francos, J. L. (1997). Personajes de la Alcarria: Ignacio Calvo y Sánchez. Asociación Cultural Juan Talamanco de Horche, Guadalaxara. ISBN 978-84-605-6230-6 Isern i Monné, J. M. (2005). Ignacio Calvo. Personalidad del Cura de Misa y Olla. AACHE Ediciones de Guadalajara. ISBN 84-96236-52-8

Categoría:Nados na provincia de Guadalaxara Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Escritores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Arabistas Categoría:Museo Arqueolóxico Nacional de España