Josep-Lluís Serrano Pentinat, nado en Tivissa o 19 demarzo de 1977, é un bispo catalán da Igrexa Católica que exerce como bispo de Urgell e copríncipe episcopal ex officio de Andorra desde 2025. Entre 2012 e 2024 traballou no servizo diplomático da Santa Sé.
Traxectoria Naceu o 19 de marzo de 1977 no concello catalán de Tivissa. Fala con fluidez catalán, español, francés, inglés, italiano e portugués. Ingresou no seminario menor de Tortosa aos 14 anos e e en 1995 fíxoo no seminario maior. Estudou na Facultade de Teoloxía de Cataluña en Barcelona, licenciándose en Teoloxía en 2001. Foi ordenado diácono en 2001 e ocupou ese cargo na parroquia da Asunción de María en Amposta durante un ano. O 21 de abril de 2002 foi ordenado sacerdote polo bispo Xavier Salinas i Vinyals na catedral de Tortosa.
Entre 2002 e 2005 exerceu como sacerdote eb tres parroquias rurais: La Palma d'Ebre, La Bisbal de Montsant e Margalef, de 2002 a 2005. Estudou teoloxía dogmática na Pontificia Universidade Gregoriana de 2005 a 2007 e licenciouse en 2007. De volta en Tortosa, foi sacerdote das parroquias de Sant Andreu e Sant Pere, ambas no concello Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant. De 2008 a 2009, tamén foi moderador da Unidade Pastoral de Costa Nord. Foi profesor no Seminario Maior de Tortosa de 2007 a 2009.
Entre 2009 e 2012 estudou na Academia Pontificia Eclesiástica de Roma, na Pontificia Universidade Lateranense, onde se licenciou en Dereito Canónico en 2011, e na Pontificia Universidade Gregoriana, onde se doutorou en Teoloxía Dogmática en 2012, coa obra .
Traxectoria Foi secretario da Nunciatura de Mozambique de 2012 a 2016, da Nunciatura de Nicaragua de 2016 a 2017 e da Nunciatura do Brasil de 2017 a 2019. En 2019 converteuse en conselleiro da Sección de Asuntos Xerais da Secretaría de Estado do Vaticano. e en 2024 era secretario persoal do arcebispo Edgar Peña Parra, substituto do Secretario de Estado.
O 12de xullo de 2024, o Papa Francisco nomeouno bispo coadxutor da diocese de Urgell. Isto significaba que, tras a renuncia de Joan Enric Vives i Sicília, Serrano converteríase no bispo de Urgell e, polo tanto, en copríncipe de Andorra. O seu nomeamento puxo fin ás especulacións na prensa local sobre a posibilidade de crear unha diocese só para Andorra ou de que se contemplaba un cambio no papel do bispo como copríncipe. Recibiu a súa consagración episcopal o 21 de setembro do arcebispo Edgar Peña Parra.
O 31de maio de 2025 converteuse no bispo de Urgell e no copríncipe de Andorra tras a aceptación da renuncia de Vives polo novo Papa León XIV. Xurou a Constitución andorrana ante o Consello Xeral o 26 de xuño de 2025. No seu discurso, comprometeuse a aceptar "as regras dun estado moderno, plural e non confesional". Ese mesmo día recibiu o seu pasaporte andorrano de man do primeiro ministro Xavier Espot.
Notas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na provincia de Tarragona Categoría:Sacerdotes católicos de España Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Pontificia Academia Eclesiástica Categoría:Copríncipes de Andorra