Edward Ruscha Joseph IV, nado o 16 de decembro de 1937, en Omaha, Nebraska, é un artista estadounidense asociado ao movemento da arte pop. Ruscha vive e traballa en Culver City, California.
Traxectoria Ruscha naceu nunha familia católica con tres fillos. O pai traballaba como auditor na compañía de seguros Hartford, mentres que a nai incentivou desde cedo os intereses artísticos do fillo. Durante a adolescencia, Ruscha interesouse polo cómic. entre 1956 e 1960. Despois de graduarse, traballou como deseñador na axencia de publicidade Carson-
Aínda que naceu en Nebraska, viviu quince anos en Oklahoma City antes de trasladarse a Los Angeles, onde estudou no Instituto de Arte Chouinard (actualmente Instituto das Artes de California),Roberts.
Casou con Danna Knego entre 1967 e 1972 e tivo dous fillos: Edward “Eddie” Ruscha e Sonny Bjornson Ruscha.
Nos anos 1960 destacou con pinturas, colaxes e fotografías, integrando o círculo da Galería Ferus, xunto a artistas como Robert Irwin, Ken Price e Edward Kienholz. A súa primeira exposición individual na Galería Leo Castelli, en Nova York, inaugurouse en febreiro de 1973.
Foi profesor convidado na Universidade de California en Los Ángeles (UCLA) en 1969 e colaborou coa revista Artforum entre 1965 e 1969. En 2006 foi nomeado administrador do Museo de Arte Contemporánea de Los Ángeles (MoCA), institución que xa acollera oito exposicións súas e incorporara trinta e tres obras á colección permanente.
Obra As súas obras combinan medios como pintura, gravado, debuxo, fotografía e cinema. Ruscha acadou recoñecemento a través de pinturas que incorporan palabras e frases, así como pola publicación de numerosos libros de fotografía, todos influídos pola irreverencia da pop art.
O seu traballo caracterízase pola combinación do paisaxe urbano cun linguaxe propio para comunicar unha determinada experiencia urbana. Mediante pintura, debuxo, fotografía e libros de artista, a obra de Ruscha afronta a banalidade da vida urbana e cuestiona os medios de comunicación de masas.
En 1962 participou na histórica exposición "New Painting of Common Objects", organizada por Walter Hopps no Museo de Arte de Pasadena, xunto a Roy Lichtenstein, Andy Warhol, Jim Dine e Wayne Thiebaud. O evento é considerado unha das primeiras mostras de arte pop realizadas nos Estados Unidos.
Entre as súas influencias destacan Marcel Duchamp, Arthur Dove e Jasper Johns. Aínda que negou a influencia directa dos escenarios de Los Ángeles, obras como Standard Station (1963) e o libro Every Building on the Sunset Strip (1966) reflicten o imaxinario visual do sur de California.
Desde 1964 explora pinturas con palabras e frases irónicas, inspiradas en conversas ou dicionarios. Nos anos 1970 experimentou con materiais pouco comúns, como pólvora, sangue, zume de froitas e verduras, graxa lubricante e manchas de herba. A serie Stains (1969) reúne 75 follas de papel manchadas con diferentes substancias.
Na década de 1980 aparecen motivos luminosos nos seus debuxos e pinturas, algúns con títulos irónicos como 99% Devil, 1% Angel. Nos anos 1990 produciu grandes pinturas de luz proxectada en espazos baleiros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937