Juan Antonio Martínez Pérez, coñecido como Juan Antonio Martínez Sevilla, nado na Coruña o 15 de setembro de 1929 e finado na mesma cidade o 27 de maio de 2018, foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria
Fillo de Laureano Martínez Sevilla, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como avogado e funcionario na Deputación da Coruña e foi profesor na Escola de Relacións Laborais da Coruña. Foi xefe provincial do SEU (1958), delegado provincial de Organizaciones y Asociaciones (1959), conselleiro provincial do Movimiento, concelleiro da Coruña e tenente de alcalde e vicesecretario provincial de Obras Sindicais (1966). Recibiu amenazas de morte en febreiro de 1975 pola publicación do seu libro Memorias de un gobernador civil.El Pueblo Gallego, 12-2-1975, p. 20. Na transición militou en Falange Española de las JONS (Auténtica),La Voz de Galicia, 12-6-1977, p. 36. encabezando a súa candidatura pola provincia de Coruña para as eleccións de 1977,El Progreso, 10-5-1977, p. 11. e da que foi elixido xefe rexional en abril de 1978.La Voz de Galicia, 14-4-1978, p. 20. Foi crítico de arte en Radio Nacional de España e colaborou en El Ideal Gallego. Finou na Coruña o 27 de maio de 2018.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-5-2018, p. 29.
Obras
Pompas humanas, 1952. La manzana podrida, 1957. Guía de La Coruña, 1964. José Antonio. Vocación política de nuestro tiempo, Deputación da Coruña, 1972.
Memorias de un gobernador civil, 1974.
RH negativo, 1976.
La ciudad de los mares de esquina, 1984. El caballo de cartón, 2001. Recoñecementos Premio Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña 1975, polo artigo "La mujer en la sinfonía galiciana".La Voz de Galicia, 10-9-1975, p. 11
Vida persoal
Casou con Elvira Lage Rodríguez e foi pai de Juan Antonio, Elvira, Andrés e María Isabel Martínez Lage.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña
Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na Coruña
Categoría:Nados en 1929
Categoría:Finados en 2018
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela