Chao é un apelido galego. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidentes co topónimo Chao.

En xaneiro de 2023 existían 2.423 persoas en Galicia co apelido Chao, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Chao na web do Instituto Galego de Estatística.

Etimoloxía Provén do latín planu ‘lugar chan’. Documéntase xa no s XIII: “Diego Lopez de Chao”.Doc ano 1296 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 166 Esta forma correspóndese coa zona centroriental do territorio galego fronte a Chan que é propia do occidente: “Pedro Chaan”.Doc ano 1391 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense 888-1554, 1973, p 240

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos portugueses