Brian Kibambe Cipenga, nado en Kinshasa o 11 de marzo de 1998, é un futbolista congolés que xoga de extremo esquerdo no Castellón e na selección da República Democrática do Congo.

Traxectoria Nacido en Kinshasa, trasladouse durante a súa xuventude a Portugal, e formouse como futbolista na canteira do Boavista. Despois de debutar co equipo filial na tempada 2017/18, en 2018 fichou polo Freamunde, pasando nos seguintes anos polo conxunto sub-23 do Famalicão, polo SC Ideal, polo Anadia e polo Vilaverdense.

En xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Paços de Ferreira, da Segunda Liga, no que xogou durante unha campaña.

No verán de 2024 fichou polo Castellón, da Segunda División española.

Selección nacional En outubro de 2025 foi convocado pola selección nacional da República Democrática do Congo para unha serie de partidos de clasificación para a Copa do Mundo de 2026.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Kinshasa Categoría:Futbolistas da República Democrática do Congo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Boavista FC Categoría:Xogadores do FC Famalicão Categoría:Xogadores do FC Paços de Ferreira Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores da selección de fútbol da República Democrática do Congo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026