Wolfgang Köhler, nado en Reval (hoxe Talín), Estonia, o 21 de xaneiro de 1887 e finado nos Estados Unidos en 1967, foi un dos principais teóricos da psicoloxía da Gestalt, considerado o portavoz do movemento debido aos seus libros.
Traxectoria Naceu en Estonia, daquela parte do Imperio Ruso, en 1887 e trasladouse ao norte de Alemaña, de onde eran orixinarios os seus pais, aos cinco anos. Estudou nas universidades de Tübingen, Bonn e Berlín, e doutorouse na Universidade de Berlín en 1909 baixo a supervisión de Carl Stumpf.
Despois pasou sete anos estudando o comportamento animal. En 1910, estableceu unha colonia de chimpancés nas Illas Canarias, documentando o seu traballo nun volume considerado un clásico, titulado The mentality of the apes (1917).
En 1920 escribiu o libro Static and stacionary physycal gestalts onde suxire que a teoría da Gestalt consistía nunha lei xeral da natureza que podería aplicarse amplamente a todas as ciencias.
En 1922, Köhler converteuse en profesor de psicoloxía na Universidade de Berlín.
En 1929, publicou Gestalt Psycology, unha descrición exhaustiva do movemento da Gestalt. Abandonou a Alemaña nazi en 1934 debido a diferenzas políticas.
En 1956, recibiu o Premio á Destacada Contribución Científica da APA, organización que o elixiu presidente en 1958.
Köhler faleceu en 1967 en Enfield, New Hampshire, Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Efecto bouba/kiki
Categoría:Alumnos da Universidade de Bonn Categoría:Psicólogos de Alemaña