Derecha Liberal Republicana (DLR) foi un partido político español que apareceu despois da ditadura de Primo de Rivera, en setembro de 1930, creado por Niceto Alcalá Zamora e Miguel MauraAlgueró 2012, p. 284 e que existiu durante a Segunda República Española. Pretendeu agrupar a monárquicos desencantados coa monarquía e a grupos conservadores con certa mentalidade republicanaChernichero 2007, p. 30 e pretendían conseguir unha República conservadora.Álvarez 1993, p. 78

Historia O partido foi creado por Niceto Alcalá Zamora. Este, xunto con outros persoeiros, abandonou o Partido Liberal e eran un conxunto de antigos monárquicos e independentes que se afastaron da monarquía polo apoio dado por esta á ditadura de Primo de Rivera.Fuertes-Planas Aleix (2019), p. 245 A seguir, fusionáronse cos republicanos de Miguel Maura inmediatamente antes do Pacto de San Sebastián (1930), e do cal formou parte Alcalá Zamora, quen foi elixido presidente do Goberno Provisorio da República. Participou nas eleccións a Cortes Constituintes de 1931 dentro das listas da Conxunción Republicano-Socialista conseguindo 23 escanos.Gil Pecharromán 1995, p. 42

Durante as discusións constitucionais, a dereita republicana, xunto cos radicais de Alejandro Lerroux, abandonaron a coalición republicano-socialista.

Entrementres, en agosto de 1931, a DLR decidiu trocar o seu nome polo de Partido Republicano Progresista e,Checa Godoy, p. 23 pouco despois, a súa ala dereita dirixida por Maura separouse con trece deputados e, en xaneiro de 1932, crearon o Partido Republicano Conservador.

Derecha Liberal Republicana desapareceu ao inicio da guerra civil.

En Galicia Comezou a súa organización en Galicia en maio de 1931 ao constituírense as agrupacións locais de Lugo, Pontevedra e A Coruña. As súas figuras políticas máis importantes foron José Reino Caamaño e Enrique Gómez Jiménez, os dous conseguiron acta de deputado nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pero o partido non logrou artellar máis que unha pequena parte da dereita galega que se decantaba pola CEDA ou os monárquicos. En xullo de 1931 a maioría dos militantes da DLR en Galicia deixaron o partido seguindo a Miguel Maura para constituíren en xaneiro de 1932 o Partido Republicano Conservador e a DLR agora denominada Partido Republicano Progresista apenas contou con organización ningunha en Galicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Historia de España do século XX