Enrique Tallón Charlón, nado na Coruña o 4 de xuño de 1912 e finado en Gusen (Austria) o 27 de decembro de 1941, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.

Traxectoria Emigrou a Barcelona xunto co seu irmán máis novo Francisco. Concluída a guerra civil española exiliouse en Francia. Tralo comezo da segunda guerra mundial integrouse na Compañía de traballadores estranxeiros nº 28 (CTE 28), sendo destinado á zona da liña Maginot, na rexión de Lorena.

Foi apresado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e recluído primeiro no Frontstalag 140, en Belfort (Francia) e despois enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña). Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou xunto co seu irmán Francisco o 27 de xaneiro de 1941 co número de matrícula 5 774, e finalmente enviado ó campo de concentración de Gusen, onde pereceu o 8 de abril de 1941. Seu irmán Francisco logrou sobrevivir.

Recoñecementos O 18 de febreiro de 2018 celebrouse no Parlamento de Galicia unha homenaxe promovida pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) onde se leron os nomes das 193 vítimas galegas que fuxindo da represión franquista acabaron deportadas nos campos de concentración nazis, entre eles o dos irmáns Francisco e Enrique Tallón Charlón.

O Concello da Coruña en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica colocou no ano 2025 cadanseu stolperstein en memoria dos irmáns Tallón Charlón ó pé do seu domicilio no número 14 da rúa da Franxa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos de Cataluña