Gorka Carrera Zarranz, nado en Errenteria o 15 de maio de 2005, é un futbolista vasco que xoga como dianteiro na Real Sociedad B, da Segunda División.
Traxectoria Nacido en Errenteria formouse como futbolista nas canteiras do Touring KE, o Vasconia de Donostia e a Real Sociedad. O 8 de xaneiro de 2023 debutou coa Real Sociedad C na Segunda Federación, nun encontro ante o Izarra.
Tras unha campaña cedido no primeiro equipo do Touring KE, subiu á Real Sociedad B para a tempada 2024/25, na Primeira Federación. Con este equipo conseguiu o ascenso á Segunda División, contribuíndo cun gol ante o Nàstic de Tarragona na promoción de ascenso.
O 30 de novembro de 2025 debutou co primeiro equipo da Real na Primeira Divisón, substituíndo a Gonçalo Guedes nunha derrota por 3-2 ante o Villarreal.
Notas
Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Errenteria Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad