Citlalli é un nome propio feminino de orixe náhuatl cuxo significado é estrela. Tamén se adoita escribir como Citlalí ou Citlalin. A súa forma reverencial é Citlaltzin.

Con respecto á súa pronunciación, o Diccionario del náhuatl en el español de México aclara o seguinte:

A palabra citlalli emprégase como raíz do nome Citlaltépetl (do náhuatl citlalli, estrela, e tepetl, outeiro ou montaña),Siméon, Remi; Diccionario de la lengua náhuatl o mexicana; Siglo XXI; México: 1984. co cal tamén se coñece o volcán Pico de Orizaba. Asemade, os mexicas chamaban Citlaltépetl ao actual Cerro da Estrela que se atopa na delegación de Iztapalapa da Cidade de México, onde cada 52 anos celebraban a cerimonia do Lume Novo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Citlalli Hernández

Categoría:Nomes femininos náhuatls