Acuayte ou Acuaite (do náhuatl acuáhuilt, "cano de madeira" ou "quenlla", "aquahuitli", cano de madeira; "aquahyotl", cano de auga, sen especificar o elemento) é un apelido de orixe náhuatl.

Orixe do apelido O seu significado pode ser "cano de madeira" ou "quenlla". Existe evidencia do seu significado polo documento do 2 de setembro de 1553 no que se discutiu que o cabido de Tlaxcala, a urxencia de construír un cano de madeira, ou "aquahuitli" para o convento Franciscano.

O primeiro rexistro de bautismo usando o apelido "Acuayte" data do ano 1857 en México.

Estatísticas Ten unha poboación de aproximadamente 263 persoas usando este apelido, que equivale ao 0.0002188% da poboación mexicana, concentradas cunha densidade maior en Cidade de México, Estado de México, Estado de Hidalgo, Zacualtipán Hidalgo, Tiangusitengo Hidalgo, Atecoxco Hidalgo e Mequetla Veracruz.

Notas

Categoría:Apelidos náhuatls