Andragacio (en latín: Andragathius; en grego: Ανδραγατιον) foi un xeneral romano, de orixes francas, magister equitum do usurpador romano Magno Máximo.
Traxectoria Segundo Zósimo, Andragacio era orixinario dos arredores do Ponto Euxino (o Mar Negro).
En 383, o ano da revolta de Magno Máximo, foi nomeado magister equitum do usurpador e enviado a capturar e matar o emperador Graciano. Andragacio cumpriu a súa tarefa en Lugdunum, o 25 de agosto dese mesmo ano, cun engano: despois de apoderarse dunha carruaxe imperial, difundiu o rumor de que a esposa de Graciano, coa que o emperador casara recentemente, regresara de Bretaña. Pero cando o emperador chegou á carruaxe e a abriu, atopou a Andragacio dentro quen o matou.Smith (1880), p. 724
En 388, comandou a frota de Magno Máximo no Adriático, coa tarefa de interceptar a fuxida de Valentiniano II ou os reforzos traídos por Teodosio I. Cando Máximo foi capturado e asasinado en Aquileia por Teodosio, Andragacio suicidouse botándose ao mar.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados no século IV Categoría:Finados en 388 Categoría:Magistri equitum (Imperio romano)