O verme informático Morris, ou Internet worm, foi un dos primeiros vermes distribuídos por Internet e o primeiro software malicioso da historia en chamar a atención dos medios de comunicación, como o The New York Times. Tamén levou á primeira condena do seu creador por piratería informática nos Estados Unidos.Dressler, J. Cases and Materials on Criminal Law, "United States v. Morris" ISBN 9780-314-17719-3 O código do virus foi escrito por un estudante da Universidade Cornell, Robert Tappan Morris, e foi lanzado o 2 de novembro de 1988 desde o laboratorio do MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos (c)Brain Blaster (worm)

Ligazóns externas

Categoría:Malware