Antonio Taboada Nóvoa, nado en Ourense cara a 1899 e finado no mesmo concello o 27 de xullo de 1937, foi un tipógrafo e político galego.

Traxectoria Tipógrafo, veciño de Cabeza de Vaca. Foi elixido secretario da sociedade de tipógrafos de Ourense en decembro de 1932.Galicia, 21-12-1932, p. 1. Foi proclamado candidato para as eleccións de 1933.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p, 13. Foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936,La Región, 14-4-1936, p. 4. pero non foi elixido.La Región, 28-4-1936, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 9 de novembro. Encartado na causa 598/37 por rebelión militar, foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro e Higinio López Barrio.La Región, 24-3-1937, p. 3. Condenado a pena de morte, foi fusilado no Campo de Aragón o 27 de xullo de 1937 xunto con Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González e Higinio López Barrio.La Voz de Galicia, 28-7-1937, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Antonio Taboada Nóvoa Expediente de responsabilidades políticas de Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Higinio López Barrio; Antonio Taboada Nóvoa e Manuel Suárez Castro.

Categoría:Sindicalistas de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937