Frederick Dewey Smith (14 de setembro de 1948 - 4 de novembro de 1994), coñecido profesionalmente como Fred "Sonic" Smith, foi un guitarrista estadounidense e membro da banda de rock MC5. Casou e criou dous fillos coa poeta e tamén música de rock Patti Smith. A parella tamén colaborou musicalmente.

Biografía

Primeiros anos Frederick Dewey Smith naceu o 14 de setembro de 1948 na residencia familiar en Broad Branch, na zona de Big Harts Creek, no condado de Lincoln, Virxinia Occidental. A súa nai deuno a luz na cociña da casa durante unha tormenta eléctrica.

Carreira Coñecido profesionalmente como Fred "Sonic" Smith, foi guitarrista de MC5 dende a súa formación ata a súa disolución en 1972, tocando tamén na primeira reunión da banda en 1992. Despois da separación de MC5 formou Sonic's Rendezvous Band en 1974, que lanzou un sinxelo, "City Slang", durante a vida de Smith.

En 1988 colaborou con Patti Smith no seu álbum Dream of Life.

En 2018 Smith foi incluído no Salón da Fama da Música de Virxinia Occidental xunto con Hasil Adkins e Ann Magnuson.

Notas

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Virxinia Occidental Categoría:Finados en 1994 Categoría:Guitarristas